Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da ámbito interprovincial da empresa Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., (código de convenio nº 8200512), que se subscribiu con data do 5 de xaneiro de 1999, entre a representación da empresa e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la insrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de ámbito interprovincial

da empresa Autoestradas de Galicia, Autopistas

de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia,

Sociedade Anónima

Limiar.

Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio colectivo concértano, recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación

suficiente derivada dos poderes ou mandatos outorgados a cada unha das partes para tal efecto, as que se expresan a seguir:

Dunha banda, en representación da empresa, en calidade de director de administración: Alberto González Ferreiro.

E doutra, en representación dos traballadores, en calidade de delegado de persoal: Alberto Rúa Rúa.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións laborais entre Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, Sociedade Anónima (en diante Autoestradas) e o persoal ó seu servicio e será de aplicación en tódolos seus centros de traballo presentes e futuros.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo será de aplicación exclusivamente a todo o persoal do cadro de Autoestradas; as súas categorías profesionais atópanse incluídas nas táboas salariais do anexo III.

Queda excluído do ámbito de aplicación deste convenio o persoal directivo.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo de ámbito interprovincial rexerá en tódalas zonas ou centros de traballo que actualmente ten establecidos Autoestradas, así como en todos aqueles que se poidan crear no futuro.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no boletín oficial correspondente, con efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 2002, agás aquelas disposicións en que expresamente se estableza o contrario.

A duración do presente convenio será de catro anos, computándose desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do ano 2002, quedando prorrogado tacitamente por sucesivos períodos dun ano, a non ser que sexa obxecto de denuncia expresa por unha das partes, formulada cunha antelación mínima de tres meses á data de conclusión da súa vixencia.

Artigo 5º.-Prelación de normas.

As normas contidas no presente convenio regulan as relacións entre a empresa e o seu persoal con carácter preferente e prioritario a outras disposicións de carácter xeral, mesmo naquelas materias nas que as súas estipulacións difiran das normas que regulan

as actividades específicas da empresa, as derivacións e consecuencias das cales se consideran compensadas co conxunto das melloras e condicións do presente convenio en cómputo global anual.

Con carácter supletorio, e no non previsto nel, será de aplicación a lexislación laboral vixente en cada momento e demais disposicións de carácter xeral, incluíndo convenios colectivos ou acordos marcos estatais futuros.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do convenio, créase unha comisión mixta paritaria, que estará composta por igual número de representantes dos traballadores que por parte da empresa. Cada unha das partes poderá estar asistida por asesores externos no transcurso das reunións ordinarias ou extraordinarias da dita comisión mixta. Fíxase como domicilio da comisión paritaria o domicilio da empresa.

Artigo 7º.-Cláusula de adhesión á AGA.

Ante a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), as partes asinantes do presente convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no acordo anterior (AGA) nos propios termos no que están formuladas.

Artigo 8º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1º.b) do Estatuto dos traballadores será de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as causas que xustificaron estas contratacións.

Así mesmo, os contratos de traballo desta natureza asinados con anterioridade á entrada en vigor deste convenio poderán prorrogarse ata a citada duración máxima de 13 meses e medio.

Artigo 9º.-Fomento da contratación indefinida.

De acordo co establecido na letra b) do punto 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, ámbalas partes acordan que se amplíe a posibilidade de conversión de tódolos contratos temporais e de duración determinada realizados ata o 6 de maio do ano 2001 no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado na citada disposición adicional.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada e horario laboral.

A xornada de traballo, en calquera das súas modalidades, computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no seu posto de traballo.

A cobertura do servicio público que presta Autoestradas con funcionamento ininterrompido das explotacións durante as vintecatro horas de tódolos días do ano, fai indispensable, na práctica, a variabilidade do horario de traballo do persoal de explotación, pola imposibilidade de programa-lo traballo en forma rigorosamente metódica e previamente coñecida por canto as afluencias de tráfico en días e horas determinados están suxeitas a variacións moi sensibles nas que inflúen múltiples circunstancias.

En consecuencia, establécese o réxime de traballo a quendas de ciclos rotativos, aténdose á lexislación laboral vixente, en canto a descansos mínimos.

A empresa poderá, naqueles momentos de necesidade requirida polo servicio, e logo de acordo cos representantes dos traballadores, altera-la orde rotativa das quendas ou establece-la modalidade de xornada partida.

Na elaboración do cadro anual de quendas e ciclos de traballo procurarase, sempre que sexa posible, o reparto rotatorio das festas semanais e anuais, e publicarase antes do 1 de xaneiro de cada ano.

Sempre que non se altere o funcionamento ininterrompido das explotacións nin se cause prexuízo ningún á sociedade nin a terceiros este persoal poderá realizar, logo de autorización da empresa, cambios de quendas e días e ciclos de vacacións entre si. Para este fin será solicitado por escrito con dous días de antelación no primeiro caso e con quince días de antelación para o suposto do cambio de vacacións ó departamento correspondente.

Cando o empregado ocupe un posto de traballo no que, ó termo da súa xornada, teña que ser substituído, non poderá dala por concluída ata a chegada da correspondente substitución, ou ata que sexa substituído. Para os efectos da compensación polos tempos de axuste entre quendas establécese a gratificación de quendas polas contías reflectidas no artigo 20º B.

O tempo de descanso para o persoal que realice xornada continua, que ten carácter de tempo efectivo de traballo entre vinte e trinta minutos en tódalas estacións de peaxe, agás naquelas en que se encontre de servicio un só cobrador por quenda, neste caso e para non interrompe-la atención ó usuario, levarase a cabo en cabina.

Para o persoal de explotación suxeito ó réxime de traballo a quendas a xornada anual total será de 1.787 horas de traballo efectivo durante toda a vixencia do convenio.

O persoal administrativo e de explotación non suxeito a quendas rexerase polos horarios que en cada momento determine a dirección da empresa na forma prevista no anexo I, e manteranse as mesmas horas de xornada anual.

Artigo 11º.-Descansos e festas.

Todo o persoal terá dereito a descansa-lo total das festas anuais, nacionais, autonómicas ou locais, establecidas no calendario laboral fixado pola autoridade laboral, que publicará a empresa a principios de cada ano en tódolos centros de traballo, ou, nos supostos de modificación, acompañado do informe dos representantes dos traballadores que se emitirá no prazo improrrogable de trinta días naturais computados a partir do en que para iso fosen requiridos pola empresa.

O día 10 de xullo de cada ano, festividade de San Cristovo, será considerado como día non laborable para efectos de descanso e cómputo de horas anuais para o persoal que nesa data lle corresponda traballar.

Ó persoal de explotación suxeito a quendas que traballe as noites dos días 24 e 31 de decembro, seranlles compensadas cun día libre. A este respecto, acórdase o establecemento dun calendario negociado coa representación dos traballadores garantindo a rotación na prestación de servicios nesas datas.

Non obstante, tendo en conta a condición de servicio público que presta a empresa e o funcionamento ininterrompido da explotación durante as vintecatro horas de tódolos días do ano, quedan exceptuados do descanso en sábados, domingos e festivos, de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores que estean destinados en servicios directamente relacionados coa explotación, se ben desfrutarán dos descansos segundo o ciclo que lles corresponda.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal terá dereito a un período de vacacións anuais retribuídas -entendéndose como tal remuneración os conceptos de soldo convenio e complementos do posto- non substituíble por compensación económica, de trinta días naturais que, por regra xeral, se desfrutarán ininterrompidamente, se ben, por necesidades do servicio ou conveniencia do traballador e da empresa, poderán dividirse en dous períodos como máximo, ningún dos cales será inferior a dez días naturais, debendo ser desfrutado algún deses períodos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

Cando o período vacacional dos cobradores de peaxe sexa dividido en dúas partes, o que se comprenda entre o 1 de xuño e o 30 de setembro poderá ser desfrutado polos traballadores seguindo un sistema rotatorio.

Confeccionarase o calendario anual de vacacións antes do 1 de xaneiro de cada ano.

As prioridades para a elección das vacacións seguirán un sistema rotatorio por categorías profesionais e centro de traballo, de forma que no primeiro ano (isto é 1999) a elección prioritaria quede en favor do persoal de maior antigüidade e idade respectivamente, rotándose na prioridade en anos sucesivos. Non obstante, a mobilidade do persoal dun grupo a outro motivado por traslado voluntario, tras

lado forzoso por sanción, cambio de centro de traballo, excedencia ou permuta, implicará ocupa-lo último lugar do grupo ó que pertence o seu novo posto de traballo. Se son varios os traballadores afectados á vez, terase en conta a maior antigüidade e idade respectivamente.

Na duración das vacacións estableceranse criterios de proporcionalidade nos casos previstos pola lei, cando a incorporación ou baixa do persoal non coincida co comezo ou fin do ano natural.

Ningún empregado poderá comeza-las vacacións sen asina-lo parte de autorización establecido para este fin. A data de inicio do desfrute das vacacións será o primeiro día de incorporación do traballador ó seu posto de traballo tralo descanso semanal correspondente.

Artigo 13º.-Licencias e permisos.

1. Os traballadores, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo, con dereito a remuneración polos conceptos de soldo convenio e complementos, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días en caso de matrimonio.

b) 3 días naturais nos casos de:

* Nacemento dun fillo.

* Enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (cónxuxe, pais, fillos, avós, netos, irmáns, sogro, avós do cónxuxe, irmáns do cónxuxe).

Cando, por tales motivos, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo ampliarase da forma seguinte:

* Fóra da provincia e dentro da Comunidade Autónoma, un día máis.

* Fóra da Comunidade Autónoma, dous días máis.

c) 2 días naturais nos casos de:

* Traslado de domicilio habitual.

* Matrimonio de pais, fillos ou irmáns.

Cando, por tales motivos, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo ampliarase da forma seguinte:

* Fóra da provincia e dentro da Comunidade Autónoma, un día máis.

* Fóra da Comunidade Autónoma, dous días máis.

d) Polo tempo indispensable nos casos de:

* Para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendendo o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal un período determinado aplicarase o que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber público e persoal supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, a empre

sa poderá pasa-lo traballador á situación de excedencia forzosa.

No caso de que un traballador, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións de representación sindical nos termos legalmente establecidos.

f) Para concorrer a exames.

g) Para consultas médicas.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen.

i) Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

2. Tamén poderá o persoal que teña un mínimo de dous anos de antigüidade na empresa solicitar licencia sen dereito a remuneración por prazo non inferior a sete días nin superior a trinta, e seralles concedido, sempre que o permitan as necesidades do servicio, dentro do mes seguinte a aquel en que se presente a solicitude.

Artigo 14º.-Grupos profesionais.

O persoal clasificarase, en atención á función que realice, encadrándoo nalgún dos seguintes grupos profesionais:

Grupo primeiro: persoal titulado.

Grupo segundo: persoal administrativo.

Grupo terceiro: persoal de explotación e mantemento.

Artigo 15º.-Categoría profesional.

A empresa, en virtude das súas exclusivas facultades de organización e dirección, encadrará o persoal nos grupos de categorías profesionais que sen seren exhaustivas nin condicionantes, figuran relacionadas no anexo II do presente convenio.

Artigo 16º.-Definición de postos de traballo «cobrador de peaxe».

O posto comprende indistintamente as funcións de recadación do importe da peaxe, reconto, custodia e transporte das cantidades recadadas, control de movemento dos vehículos que utilicen a vía ó seu coidado e a súa clasificación, confección de documentos e cumprimento de trámites administrativos relacionados co cobro da peaxe; función de correo comprensiva da recollida, transporte e distribución

de documentación entre estacións de peaxe e áreas ou centros que se lle indiquen; confección de estatísticas manualmente ou por medio de elementos informáticos, vixilancia do correcto estado de conservación e funcionamento dos materiais, instalacións, maquinaria e equipos que estean ó seu coidado dando conta das anomalías que observe e requirindo a asistencia necesaria dos servicios correspondentes para a súa corrección; ordenación do tráfico na zona en que preste os seus servicios e cooperación na seguridade e asistencia ós usuarios utilizando os medios de transmisión de solicitudes de socorro, vixilancia da circulación e do bo estado de conservación, orde e limpeza do edificio en que preste os seus servicios e da autovía e das súas zonas marxinais, colaboración cos demais servicios da autoestrada e en xeral, calquera outra análoga ás anteriores e con elas relacionada que deba ser considerada como naturalmente comprendida entre as propias do posto. Atenderá os emisores de billetes

(inmediatos e remotos), en canto a corrección de fallos, substitución de rolos, etc., así como as máquinas automáticas de tarxetas e/ou moedas da estación de peaxe, solventando os conflictos cos usuarios (moedas rexeitadas), alimentación de cartuchos de cambio, etc.

Artigo 17º.-Mobilidade funcional.

1. A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. A falta de definición de grupos profesionais, a mobilidade funcional poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes.

2. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. A empresa deberá comunicar esta situación ós representantes dos traballadores.

3. A mobilidade funcional efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, agás nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

4. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou ás de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso, se a isto non obsta o disposto no

presente convenio colectivo ou, en todo caso, a cobertura de vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité intercentro, o traballador poderá reclamar ante a xurisdicción competente.

5. O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometimento ás regras previstas para as modificacións substanciais de condicións de traballo ou ás que para tal fin se establecesen no presente convenio colectivo.

Artigo 18º.-Mobilidade xeográfica.

1. Ademais dos centros de traballo destinados a oficinas centrais ou delegacións, a empresa por razón do servicio que presta ten agrupadas as súas instalacións e dependencias en sectores denominados zonas ou centros de traballo e que comprenden determinados e concretos tramos de explotación coa posibilidade de que dentro de cada unha das zonas se localicen varias dependencias.

Os traslados que por necesidades do servicio teñan lugar entre as dependencias dunha mesma zona ou centro de traballo constitúen unha manifestación do poder de dirección da empresa e non se considerarán en ningún caso mobilidade xeográfica, sen prexuízo das compensacións económicas que se establecen non artigo 20º D.

2. Para os demais supostos de mobilidade xeográfica: traslados e desprazamentos, aplicarase o disposto no artigo 40 do Estatuto dos traballadores e a lexislación vixente nesta materia.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 19º.-Normas xerais.

As retribucións do traballo axustaranse ás normas establecidas no Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes en cada momento.

A estructura salarial queda determinada da forma seguinte:

a) Retribución fixas e periódicas:

* Soldo base convenio.

* Quendas.

* Gratificación vehículo.

* Quebranto de moeda. Reconto e conteo.

* Gratificación de transporte.

b) Retribucións eventuais e variables:

* Gratificación nocturna.

As remuneracións anuais previstas neste convenio están establecidas en función das horas anuais de traballo que resultan da aplicación do anexo I.

Durante a vixencia do convenio establécense os incrementos salariais seguintes:

2000: 1,40%.

2001: 2,00%.

2002: 2,00%.

Estes incrementos entrarán en vigor a principios de cada ano e serán aplicables a todos e cada un dos conceptos sinalados anteriormente.

Artigo 20º.-Retribucións e gratificacións.

A) Soldo base convenio.

Soldo base convenio é a parte de retribución por unidade de tempo e que figura para cada categoría profesional no anexo III.

B) Gratificación de quendas.

Para as categorías profesionais que así o recollan nas táboas salariais do anexo III establécese esta gratificación como compensación á aceptación obrigatoria da variabilidade de horarios e o traballo a quendas, incluídos aqueles que supoñan a prestación de traballo en horas nocturnas, como elemento esencial da súa prestación laboral. Así mesmo compensa as incomodidades e posibles solapamentos necesarios entre o persoal saínte e o entrante na quenda, ata os límites fixados no artigo 24º.

C) Gratificación de transporte.

Esta gratificación será percibida en tódolos casos nos que a empresa non transporte os traballadores desde os seus domicilios ou lugares inmediatos ós seus respectivos centros de traballo. Aboarase para tódalas categorías profesionais e polos importes fixados no anexo III.

D) Gratificación de vehículo.

Esta gratificación aboarase, para as categorías e polos importes fixados no anexo III, co fin de compensar e indemniza-la utilización do vehículo particular, cando por necesidades do servicio, o traballador utilice o seu vehículo particular para o seu traslado entre as dependencias dunha zona ou centro de traballo, conforme o establecido no artigo 30º.

O módulo de aboamento para o primeiro ano de vixencia será de 450 quilómetros anuais a razón de 24 pesetas por quilómetro.

Artigo 21º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística (INE) rexistrase o 31 de decembro de cada un dos anos 2001 e 2002 unha porcentaxe de incremento superior ós previstos no artigo 19º do presente convenio colectivo, respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31 de decembro de cada un dos anos precedentes, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia, pola diferencia real existente sobre a indicada cifra. Tal diferencia aboarase con efectos do 1 de xaneiro de cada ano, servindo por conseguinte como base de cálculo para o incremento salarial dos sucesivos

anos, e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizados para realiza-los aumentos pactados nos ditos anos.

A revisión aboarase nunha soa paga, durante o primeiro trimestre de cada un dos anos 2001 e 2002.

Artigo 22º.-Gratificación nocturna.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas terá a retribución específica que se sinala no anexo IV deste convenio.

Esta retribución específica afectará exclusivamente a aqueles traballadores dos que as condicións laborais e/ou as súas estipulacións contractuais determinen que o desempeño das súas tarefas laborais deban ser realizadas en períodos ou días concretos entre as 22 e as 6 horas.

A programación mensual das tarefas sinaladas máis arriba deberá recoller sistematicamente esta distribución horaria, sendo a base exclusiva para o cálculo da dita retribución.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda, reconto e conteo.

Os traballadores incluídos na táboa salarial do anexo III para a categoría dos cales se estableza esta gratificación, percibirán as contías correspondentes, polas diferencias debidas a posibles erros nas súas liquidacións e do tempo necesario para prepararse ata acudir ó seu lugar de traballo e para efectua-las liquidacións e ordenación de documentos que, en ningún caso, poderá efectuarse no posto de traballo onde deberá estar pendente do usuario.

O importe das posibles diferencias monetarias indicadas será detraído na medida necesaria ata chegar á súa cobertura nas retribucións mensuais, unha vez comprobadas as circunstancias que xeraron tales diferencias.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

Acórdase a realización de horas extraordinarias só en caso de forza maior e as estructurais.

Enténdense por causas de forza maior as que se producen para previr ou reparar sinistros e outros danos ou causas extraordinarias e urxentes imprevistos ou previstos e inevitables.

As horas extraordinarias estructurais son aquelas traballadas motivadas por períodos puntas de producción, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da empresa.

Recibirán o tratamento de horas extraordinarias conforme o disposto no presente artigo toda prolongación de xornada por substitución de quenda que exceda de 15 minutos. Os solapamentos entre a quenda entrante e saínte inferiores a quince minutos consideraranse retribuídos e compensados pola

gratificación de quendas conforme o disposto no artigo 20º B.

A dirección da empresa informará periodicamente ós representantes legais dos traballadores sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións ou quendas.

De mutuo acordo entre empresa e traballador, poderanse retribuír ou compensa-las horas extraordinarias por tempo de descanso do seguinte xeito:

Retribución das horas extraordinarias: 50% sobre a hora ordinaria.

Compensación con tempo de descanso: 75% sobre a hora extraordinaria.

Artigo 25º.-Gratificación extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias o devengo das cales será anual, e percibiranse a primeira no mes de xullo e a segundo no mes de decembro.

Os conceptos salariais que interveñen nas pagas extraordinarias será o soldo base convenio e a gratificación de quendas, polos importes fixados no anexo III.

Artigo 26º.-Prestacións complementarias da Seguridade Social por incapacidade temporal.

Para os supostos de incapacidade temporal acórdase o seguinte:

1. Durante as ausencias por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional e maternidade, a empresa aboará ó seu cargo, durante o tempo que dure esta situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución por tódolos conceptos das táboas salariais do anexo III.

2. Durante as ausencias por incapacidade temporal derivada de enfermidade común e accidente non laboral, a empresa aboaralles ós traballadores durante o tempo que permanezan en tal situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social, de tal forma que entre ambos cubran as porcentaxes da retribución por tódolos conceptos das táboas salariais do anexo III, seguintes:

a) Tres primeiros días da situación de incapacidade: sen prestación.

b) Do cuarto día ó 20 incluídos: 85%.

c) Do vinteún día en diante: 100%.

Artigo 27º.-Tarxetas de peaxe.

Tódolos traballadores da empresa incluídos no presente convenio terán dereito a tarxeta de peaxe, que lles permita a utilización gratuíta da autoestrada, nos seguintes termos:

1. A tarxeta de peaxe serán nominativa e intransferible, figurando nela o nome do traballador, debendo exhibila a requirimento do cobrador de peaxe

e tendo este a obriga de comproba-la identidade do usuario desta tarxeta.

2. O uso desta tarxeta por persoa distinta daquela a favor da cal estea expedida, considerarase como unha falta moi grave de carácter laboral, reservándose a empresa cantas accións disto puidesen derivarse.

3. O traballador deberá conservar debidamente a tarxeta e en caso de perda ou extravío dela o titular deberá comunicarllo á empresa de inmediato por escrito.

4. No suposto da extinción da relación laboral o traballador deberá entrega-la súa tarxeta no momento de asina-la liquidación de haberes.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 28º.-Normas xerais.

A organización do traballo dentro das normas e orientacións deste convenio e as disposicións legais, é facultade da dirección da empresa.

Artigo 29º.-Organización da empresa.

Seguindo o proclamado anteriormente, a empresa adecuará o seu funcionamento orgánico de acordo coa actividade que deba desenvolver, determinando as cotas de persoal necesarias en cantas especialidades sexan precisas, así como os chanzos xerárquicos dentro da organización e as diferentes categorías profesionais, en cada grupo e adecuadamente proporcionados.

Ó conxunto do persoal integrador do equipo fixaráselle o seu encadramento e lugar de traballo.

Neste aspecto concreto, e ademais dos centros de traballo destinados a oficina central ou delegacións, a empresa, por razón das súas peculiares características do servicio que presta, debe agrupa-las súas instalacións e dependencias de traballo, en sectores denominados zonas ou centros de traballo e que abranguen determinados e concretos tramos de explotación con posibilidade de que dentro delas se sitúen varias dependencias.

En consecuencia, os empregados quedarán, inicialmente, destinados a unha zona ou centro de traballo, desprendéndose disto a obrigatoriedade da súa presencia á hora de inicia-la súa quenda de traballo en calquera das dependencias ou establecementos abranguidos dentro da zona ou centro de traballo que se lle asignase, e independentemente da distancia que poida mediar entre o seu domicilio e calquera das ditas dependencias ou establecementos.

Os traslados que por necesidades do servicio teñan lugar entre dependencias dunha mesma zona ou centro de traballo non terán en ningún caso consideración de mobilidade xeográfica.

Para os casos nos que o traballador utilice o seu vehículo particular para os traslados entre distintas

dependencias establécese, como indemnización, a gratificación de vehículo que se recolle nas táboas salariais do anexo III.

Artigo 30º.-Zonas ou centros de traballo.

Entenderanse por zonas ou centros de traballo aqueles sectores ou tramos de explotación en que se dividise a concesión, co obxecto de conseguir unha adecuada distribución do persoal, facilitándolle a situación e extensión delas, para efectos de encadramento, traslado e demais posibles consecuencias.

As dúas zonas ou centros de traballo actualmente existentes son as seguintes:

Autoestrada A-55 A Coruña-Carballo.

Autoestrada A-57 Puxeiros-Val Miñor.

Artigo 31º.-Dependencias.

Terán a consideración de dependencias aqueles locais ou lugares de actividade situados dentro dunha zona ou centro de traballo.

Determinados estes, de acordo co texto do primeiro parágrafo deste artigo, o centro de traballo comporase de tantas dependencias como instalacións das mencionadas estean situadas na demarcación determinante da zona ou centro de traballo.

Artigo 32º.-Normas de circulación.

Os traballadores prestarán a máxima atención no cumprimento escrupuloso das normas do Código da Circulación cando se conduzan vehículos da empresa ou vehículos particulares, polo carácter de exemplaridade que todo o persoal debe asumir nesta materia.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

É roupa de traballo aquela que o traballador ten a obriga de utilizar, ben para unha correcta presentación ante os usuarios da autoestrada, ben para a realización dos cometidos propios do seu labor en todas ou nalgunhas circunstancias.

O uso da roupa de traballo queda limitado exclusivamente dentro das dependencias da empresa e o seu emprego fóra delas non está permitido agás cando sexa por motivo ou consecuencia do seu traballo.

A roupa específica de cada posto de traballo, o equipo inicial, así como a súa reposición serán determinados pola empresa de acordo coa táboa que se xunta como anexo V.

Os traballadores que cesen na empresa deberán entrega-la roupa de traballo que se lles facilitase na última entrega.

A empresa entregará a roupa de traballo, sempre que sexa posible, antes do comezo das temporadas de verán e inverno.

A empresa así mesmo facilitará os emblemas identificativos do persoal.

Capítulo V

Réxime disciplinario

Artigo 34º.-Faltas.

A) Definición e clasificación das faltas.

Son faltas as accións ou omisións que supoñan quebranto ou descoñecemento dos deberes de calquera índole impostos polas disposicións legais en vigor en materia de relacións de traballo e en especial as tipificadas no presente texto.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase en razón da súa importancia, trascendencia ou malicia, en leve, menos grave, grave ou moi grave.

B) Circunstancias modificativas da responsabilidade.

As faltas graduaranse a teor das circunstancias que na súa comisión concorran. Xulgaranse con maior rigor as faltas cometidas por persoal con responsabilidade recoñecida, ou que teñan como función específica a de vixilancia, supervisión, etc.

Serán considerados como aspectos básicos determinantes da cualificación destas os seguintes: a reincidencia, reiteración, indisciplina ou desobediencia; a malicia; a imprudencia; o escándalo; así como os danos e prexuízos que da súa comisión poidan derivarse, todos eles como agravantes, ou a ausencia ou menor apreciación destas circunstancias como atenuantes.

Para os efectos de determinación da responsabilidade considerarase que existe reiteración cando o traballador fose xa sancionado anteriormente por outra falta de igual ou maior gravidade, ou por dúas de gravidade inferior, aínda que de distinta índole. Considerarase que existe reincidencia cando, ó cometer unha falta, o traballador fose sancionado anteriormente por outra ou outras faltas da mesma índole e de gravidade igual ou diversa.

C) Garantías procesuais.

Para a imposición de calquera das sancións previstas no presente texto por comisión de falta grave ou moi grave, incluído o despedimento, non se requirirá máis requisito formal que a comunicación da empresa por escrito ó traballador, facendo constancia dos feitos que o motivan e da data dos seus efectos.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente.

D) Faltas leves:

Consideraranse faltas leves, segundo as circunstancias que concorran na súa comisión e a teor dos prexuízos causados á empresa, as seguintes:

1. Cando faltas inxustificadas de puntualidade ó traballo que non merezan unha cualificación máis grave, no prazo dun mes.

2. Faltar ó traballo un día sen xustificar dentro dun período de trinta días.

3. Falta de aseo, hixiene e limpeza persoal ou deterioración neglixente da roupa de traballo que facilite a empresa, así como a falta de atención ou dilixencia co público. Non usa-los elementos de seguridade e hixiene requiridos para o traballo.

4. Permanencia nos locais e lugares de traballo para o que se esixa autorización debida aínda dentro da xornada de traballo.

5. Non comunicar á empresa os cambios de domicilio ou teléfono tan pronto como estes se produzan, así como non presentar ou notificar coa antelación prevista no parte de baixa por IT.

6. Pequenos descoidos na conservación ou no tratamento de ferramentas, máquinas, materiais, locais e documentos, así como, o dilapidación de material ou subministracións.

7. As faltas leves de consideración cara ós compañeiros de traballo.

8. Ineficacia ou neglixencia leve no cumprimento dos deberes, funcións ou misións encomendadas, e en particular incorrer en máis de cinco diferencias de recadación reclamables nun período dun mes.

9. A non comunicación coa antelación debida das faltas ó traballo ou atraso na súa incorporación por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

10. Non avisar ó superior inmediato dos defectos e anomalías ou avarías do material, vehículos ou maquinaria ou da necesidade destes para prosegui-lo traballo. Se o feito non denunciado puidese orixinar danos de gran importancia considerarase como falta grave.

11. Non avisar ó superior inmediato ou ó centro de control de calquera accidente ou anomalía por leve que sexa ocorrido nos centros de traballo ou na propia autoestrada que si implicase prexuízo notorio para a empresa ou o público poderá ser considerado falta grave.

E) Faltas graves:

Consideraranse faltas graves:

1. De cinco a nove faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar ó traballo tres días sen xustificar dentro dun período de trinta días.

3. As discusións sobre asuntos de calquera índole que repercutan gravemente na boa marcha dos servicios.

4. Simula-la presencia doutro traballador, asinando, fichando ou utilizando calquera outro procedemento.

5. A desobediencia das ordes e acordos dos superiores en materia de traballo ou seguridade.

6. A simulación de enfermidade ou accidente.

7. O quebranto ou violación de segredos, ou de cuestións de reserva obrigada.

8. Favoritismos por parte dos superiores en materias que impliquen discriminación do resto dos subordinados, postergación destes ou que supoñan persecucións.

9. Abandono do posto de traballo sen causa xustificada ou sen notificación ó inmediato superior, así como afastarse do posto onde se presta servicio no período de tempo sinalado para a substitución e antes de que chegue quen deba efectuala.

10. Tolerar ós subordinados que traballen infrinxindo as normas de seguridade.

11. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste ou afecte a seguridade dos seus compañeiros ou do público.

12. Incumprir calquera das normas referentes a prevención de riscos laborais e seguridade e hixiene no traballo.

13. Non garda-lo debido sixilo respecto dos asuntos que se coñezan por razóns de cargo ou divulgación non autorizada de datos reais ou supostos da empresa que se coñezan pola intervención do traballador en procesos de traballos onde se teña acceso a eles.

14. Causar, por neglixencia, graves danos na conservación dos locais, vehículos, maquinaria, material ou documentación da empresa, ou utilización de medios da empresa para fins alleos a ela, sen autorización debida.

15. A negativa a realizar actos ou tarefas distintos dos normais do posto cando o impoñan necesidades perentorias ou imprevisibles.

16. A reincidencia ou reiteración na comisión de catro ou máis faltas leves que fosen sancionadas, cometidas dentro do prazo dun ano.

17. Prolongar malintencionadamente o período de curación das lesións sufridas en accidente de traballo ou non cumpri-las prescricións médicas establecidas, afectando a prestación ou regularidade do traballo.

18. A indisciplina ou desobediencia ás ordes emanadas dos superiores ou da dirección da empresa, se implicase quebranto de moeda manifesto da disciplina ou dela se derivasen prexuízos notorios para a empresa.

19. Non acudir ou negarse sen causas xustificadas a facer horas extraordinarias, en situacións de forza maior.

20. O exercicio de actividades profesionais públicas ou privadas, sen ter solicitado autorización de compatibilidade, segundo a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normas que a desenvolven.

21. Embriaguez ou consumo de drogas tóxicas ocasionalmente dentro da xornada de traballo, así como participar ou organizar xogos durante a xornada de traballo.

22. Durmir durante as horas de prestación de actividade laboral.

23. Executar durante a xornada de traballo tarefas que non sexan encomendadas pola empresa e utilizar para fins propios instalacións, servicios ou instrumentos desta sen que medie autorización.

24. Ser sancionado polas autoridades de tráfico, por incumprimento das normas do Código da Circulación, sempre e cando esta sanción non supoña a retirada temporal ou definitiva do permiso de conducir.

G) Faltas moi graves:

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar ó traballo máis de tres días sen causa xustificada, dentro dun período de trinta días.

3. Colocar en grave risco de accidente a un compañeiro ou usuario ou ocasionar perigo de avaría, desperfecto ou perda de calquera instalación ou material propiedade da empresa, por acción ou omisión culpable estando de servicio.

4. Permitir ou non comunicar sen causa que o xustifique a comisión de fraude ou roubo.

5. As faltas de fidelidade en canto ós segredos relativos á xestión da empresa.

6. Falsear con manifesta mala intención os documentos da empresa, así como os datos de seguimento e control.

7. A suplantación de personalidade, que produza danos morais ou materiais moi graves á empresa, ós compañeiros ou ó público.

8. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera persoa que se encontre, por calquera causa, dentro das súas dependencias.

9. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentación da empresa, de forma voluntaria e malintencionada.

10. A embriagez habitual, inxerir drogas tóxicas ou encontrarse baixo os efectos destas durante o traballo.

11. A violación do segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa.

12. Malos tratos de palabra ou obra, ou falta grave de respecto cara ás persoas que traballan na empresa ou a familiares que convivan con elas, así como cara ó público, sempre que exista responsabilidade por parte do traballador.

13. O abandono do traballo sen causa xustificada que ocasione prexuízo á empresa, fose causa de accidente ou implique risco moi grave na seguridade do traballo para os seus compañeiros ou do público.

14. A diminución continuada e voluntaria no rendemento normal do traballo, despois de ser apercibido pola empresa.

15. Facilita-lo uso por outras persoas distintas das autorizadas da tarxeta de peaxe concedida pola empresa para efectos de circulación gratuíta pola autoestrada, prevista no artigo 27º deste convenio colectivo.

16. Conducción de vehículos da empresa sen autorización desta.

17. A reincidencia ou reiteración na comisión de dúas ou máis faltas graves que fosen sancionadas, cometidas durante o prazo dun ano.

18. O incumprimento das normas sobre incompatibilidades cando dean lugar a situacións de incompatibilidade, segundo a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normas que a desenvolven.

19. Ser sancionado polas autoridades de tráfico por incumprimento das normas do Código da Circulación, sempre e cando esta sanción supoña a retirada temporal ou definitiva do permiso de conducir.

Artigo 35º.-Sancións.

a) As faltas leves poderanse sancionar con:

* Amoestación verbal.

* Amoestación escrita.

* Suspensión de emprego e soldo ata catro días.

b) As faltas graves poderanse sancionar con:

* Suspensión de emprego e soldo de cinco a vinte días.

* Postergación para o ascenso por un prazo non superior a tres anos.

c) As faltas moi graves poderán sancionarse con:

* Suspensión de emprego e soldo de 21 a 50 días.

* Despedimento.

A representación dos traballadores será informada de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

Artigo 36º.-Prescrición das faltas.

As faltas leves prescribirán ós quince días, as graves ós trinta días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós oito meses de se cometer.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 37º.-Delegados de prevención.

Conforme o establecido no artigo 35 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, son delegados de prevención os represen

tantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

A designación do/s delegados de prevención realizarase conforme o establecido na Lei 31/1995, do 8 de novembro.

As competencias, facultades, garantías e sixilo profesional dos delegados de prevención son as previstas na dita Lei de prevención.

Artigo 38º.-Recoñecemento médico preventivo.

A empresa facilitará un recoñecemento médico preventivo que como regra xeral será cada dous anos, se ben cando as circunstancias así o aconsellen poderá levarse a cabo noutros prazos, como medida preventiva de eventualidades que poidan xurdir.

Capítulo VII

Representación dos traballadores no seo da empresa

Artigo 39º.-Disposicións xerais.

A representación e o exercicio dos dereitos dos traballadores na empresa corresponde, de conformidade co legalmente establecido na actualidade:

* Ós delegados de persoal.

* Á asemblea de traballadores.

Artigo 40º.-Crédito de horas.

Os representantes dos traballadores poden dispoñer dun crédito de quince horas mensuais retribuídas, para o exercicio das súas funcións de representación. Estas horas poderán acumularse nun ou varios representantes sempre que medie acordo maioritario do comité, en acta levantada para o efecto e remitida á empresa, podéndose modifica-lo dito acordo na mesma forma.

Para o crédito de horas anteriormente previsto deberá avisarse previamente e xustificalas posteriormente.

Artigo 41º.-Asemblea dos traballadores.

Os representantes legais dos traballadores terán dereito a convocar asemblea nos termos e cos requisitos previstos nos artigos 77, 78, 79 e 80 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 42º.-Locais e taboleiro de anuncios.

A empresa, sempre que as circunstancias o permitan, porá a disposición dos representantes dos traballadores un local adecuado no que poidan desenvolve-las súas actividades e comunicarse cos traballadores, así como un taboleiro de anuncios para fixar comunicacións e información de interese específico para os traballadores da empresa. Neste sentido, os comunicados ou información que aparezan neste taboleiro de anuncios deberán ir asinados polos representantes dos traballadores, que se responsabilizarán do seu contido, podendo ser retirados aqueles que non leven sinatura.

Capítulo VIII

Disposicións derradeiras

Primeira.-As partes contratantes manifestan que as negociacións do presente convenio se seguiron co máximo respecto ó disposto na lexislación vixente e ó principio de boa fe.

Segunda.-Decláranse como obxectivos comúns das partes a necesidade de mante-las relacións laborais sobre a base da comunicación permanente e da aceptación mutua do diálogo para resolver diferencias de criterio, mellora-lo ambiente de traballo, a situación dos traballadores e o desenvolvemento da empresa, conscientes de que a seguridade no emprego e as melloras sociais unicamente poden conseguirse mediante un incremento da productividade

na empresa e no mellor aproveitamento dos seus recursos.

A representación dos traballadores comprométese á máxima reducción do absentismo e ó mantemento da paz social durante a vixencia do presente convenio colectivo, así como a poñer tódolos medios ó seu alcance para o incremento máximo da productividade.

E para constancia de todo o exposto expídese o presente documento en vintecatro follas e cinco anexos de papel común mecanografados polo seu anverso, que rubrican á marxe das vintecatro primeiras e anexos e asinan ó final desta folla, que é a última, na Coruña, ..... de ............... de mil novecentos noventa e nove.

ANEXO I

Horarios, xornada de traballo e ciclos anos 1999, 2000, 2001, 2002

Servicio afectadoClase de xornadaPeríodoHorarios de traballoHRSObservacións

Persoal de explotación e mantementoXornada a quenda continuada1 xaneiro a 31 decembroQuenda A: 7 a 15 h

Quenda B: 15 a 23 h

Quenda C: 23 a 7 h

8

Ciclos 6-3: períodos de 9 días (6 de traballo e 3 de descanso)

Oficinas centraisXornada partida: luns a xoves1 xaneiro a 15 xuño

15 setembro a 31 decembro

De 8.45 a 9 h flexible

De 9 a 14 h obrigada presencia

De 15.45 a 16 h flexible

De 16 a 19 h obrigada presencia

De 19 a 19.15 h flexible

8,50

VenresDe 9.30 a 14.30 h6

Xornada continuada: luns a venres15 xuño a 15 setembroDe 8 a 14 h6

ANEXO II

Grupos e categorías profesionais

Grupo primeiro persoal titulado.

Persoal titulado grao superior.

Persoal titulado grao medio.

Grupo segundo persoal administrativo.

Xefe de sección administrativa.

Oficiais administrativos.

Auxiliar administrativo.

Grupo de explotación e mantemento.

Xefe de servicio.

Xefe de peaxe.

Xefe de quenda.

Cobrador de peaxe.

Encargado de mantemento.

Xefe de equipo.

A ordenación non ten significado xerárquico.

ANEXO III

Soldo convenio ano 1999

(Importes brutos anuais en pesetas)

Categorías profesionais

Soldo base

convenio

Graficación

de quenda

Gratificación

de transporte

Gratificación

de vehículo

Quebranto

de moeda

Cómputo

anual

Titulado grao superior1.983.764166.2362.150.000

Titulado grao medio1.933.764166.2362.100.000

Xefe de sección administrativa1.883.764166.2362.050.000

Oficial 1ª administrativo1.733.764166.2361.900.000

Oficial 2ª administrativo1.683.764166.2361.850.000

Auxiliar administrativo1.550.764166.2361.717.000

Xefe de servicio1.872.964166.23610.8002.050.000

Xefe de peaxe1.822.964166.23610.8002.000.000

Xefe de quenda1.491.336181.628166.23610.8001.850.000

Cobrador de peaxe1.192.100181.628166.23610.800166.2361.717.000

Encargado mantemento1.872.964166.23610.8002.050.000

Xefe de equipo1.622.964166.23610.8001.800.000

ANEXO IV

Táboa de valores de gratificación nocturna

Cómputo de horas traballadasImporte mensual

Entre 0 e 10 horas mensuais 920

Entre 10 e 20 horas mensuais2.440

Entre 20 e 30 horas mensuais3.960

Entre 30 e 40 horas mensuais5.480

Entre 40 e 50 horas mensuais7.000

Máis de 50 horas mensuais8.520

ANEXO V

Roupa de traballo

CategoríasClases de roupaCantidadeReposición

Cobradores de peaxePantalón3Cada dous anos
Xersei verán1Cada dous anos
Xersei inverno1Cada dous anos
Anorac1Cada dous anos
Camisa3Cada año
Gravata/pano1Cada ano
EmblemasSegundo necesidadeSegundo necesidade

Xefes de quendaPantalón3Cada dous anos
Xersei verán1Cada dous anos
Xersei inverno1Cada dous anos
Anorac1Cada dous anos
Camisa3Cada ano
Gravata/pano1Cada ano
EmblemasSegundo necesidadeSegundo necesidade