Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 12 de marzo de 1999 Páx. 2.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 1998 pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueira para o ano 1999.

Advertidos erros na Orde do 23 de decembro de 1998, publicada no DOG nº 2 do 5 de xaneiro de 1999, pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueira para o ano 1999, cómpre face-las oportunas correccións.

No artigo 1º.1.-Autorizacións marisqueiras.

-Na páxina 58:

Confraría de Cabo de Cruz:

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a setembro», debe dicir: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a setembro, novembro e decembro.».

Confraría de Palmeira:

Onde di: «Épocas probables de extracción:

Desde embarcación: de xaneiro... . Vieira, de xaneiro a decembro.», debe dicir: «Desde embarcación: de xaneiro... . Vieira, xaneiro e decembro.».

Plan de ostra da confraría de Ribeira:

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro», debe dicir: «Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro».

Confraría de Muros:

Onde di: «Épocas probables de extracción:

A pé: de xaneiro a marzo, xullo, agosto, e de outubro a novembro.», debe dicir: «A pé: de xaneiro a marzo, xuño, xullo, agosto, e de outubro a novembro.».

-Na páxina 59:

Plan de ameixa e berberecho desde embarcación da confraría de Ferrol.

Onde di: «Puntos de control: embarcación de vixilancia e lonxas da Gándara e A Malata.

Puntos de venda: lonxas da Gándara e A Malata.», debe dicir: «Puntos de control: embarcación de vixilancia da Confraría.

Puntos de venda: lonxa da Gándara.

Plan de ameixa e berberecho desde embarcación da confraría de Barallobre».

Onde di: «Puntos de control: peiraos de Neda, Puntal e Barallobre.», debe dicir: «Puntos de control: embarcación de vixilancia da Confraría.».

Artigo 1º. 4.

-Na páxina 60:

Onde di: «as entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi, ateranse ó disposto para

as zonas de libre marisqueo.», debe dicir: «as entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.».

Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.

Onde di: «1. De acordo co previsto... e desde o 4 de setembro ata o 31 de decembro.», debe dicir: «1. De acordo co previsto... e desde o 4 de outubro ata o 31 de decembro.»

Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

-Na páxina 63:

Plan de ameixa fina e babosa da confraría de Celeiro.

Onde di: «Días máximos de extracción: 124.», debe dicir: días máximos de extracción:

A pé: 10.

Desde embarcación: 123.

Artigo 5º.-Percebe.

-Na páxina 64:

Confraría de Camelle.

Onde di: «Zona de traballo: vedado de Punta do Boi a Punta Xanteira.», debe dicir: «Zona de traballo: vedado de Punta do Boi a Punta Pedrosa.».

Confraría de Malpica.

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de maio e de xullo a decembro.», debe dicir: «Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de maio, xullo, agosto e de outubro a decembro.».

Confrarías da zona VII.

Onde di: «Puntos de control: peirao de Mera, zona da Cadea na Torre da Coruña, Centro Retro e O Portiño.», debe dicir: «Puntos de control: peirao de Mera, zona da Cadea na Torre da Coruña, Centro Reto e O Portiño.».

Confraría de Camariñas.

Onde di: «Zona de traballo: vedado de Punta do Boi a Punta Xanteira.», debe dicir: «Zona de traballo: vedado de Punta do Boi a Punta Pedrosa.».

Artigo 7º.-Equinodermos.

-Na páxina 65:

Confraría de Camariñas.

Onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.», debe dicir: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro».

Artigo 8º.-Navalla e longueirón.

-Na páxina 67 debe incluírse entre as confrarías de Carreira-Aguiño e Corcubión o seguinte:

«Plan de navalla e longueirón da confraría de Muros.

Días máximos de extracción: 183.

Puntos de control: Abelleira, Virxe do Camiño e Louro.

Punto de venda: lonxa de Muros.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a agosto, e de outubro a decembro.