Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Careón.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. (UFEESA), con enderezo social na rúa Capitán Haya, 53, 28020 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Careón, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O día 14 de novembro de 1997, Rosario Arroyo Brotóns, en nome e representación de UFEESA, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Careón de 18 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A solicitude de UFEESA, coas características fundamentais da instalación e a relación

concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por resolución da Dirección Xeral de Industria do 16 de decembro de 1997, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 10 do Decreto 2619/1996, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro de 1998, no Boletín Oficial del Estado do 29 de xaneiro de 1998, no BOP da Coruña do 30 de xaneiro de 1998, no BOP de Lugo do 28 de xaneiro de 1998, no diario El Ideal Gallego, da Coruña, do 23 de xaneiro de 1998 e no diario El Progreso, de Lugo, do 23 de xaneiro de 1998 e notificada,

ademais, por correo certificado con xustificante de recepción a cada un dos propietarios afectados cos que non se tiña un acordo asinado con eles para a cesión dos terreos.

Terceiro.-O 8 de febreiro de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

Parque eólico de Careón

Coordenadas delimitadoras da área de afección

definitiva do parque eólico

VérticeX utm 29 TY utm 29 T

A588.0004.750.000

B586.0004.750.000

C584.0004.754.000

D'586.5004.756.500

E'589.5004.756.500

F'589.5004.752.000

Municipios de: Palas de Rei (Lugo), Toques (A Coruña) e Melide (A Coruña).

-Nº de aeroxeradores: 30.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

-Potencia total instalada: 18 MW.

-Centros de transformación: 0,69/20 kV.

-Subestación de 20/66 kV, con transformador de potencia de 20 MVA.

-Investimento total: 2.780 millóns de pesetas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998,

do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, aplicable a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico de Careón coas características que se definen nesta resolución, para os efectos establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

En contra da presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio