Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., rúa Greco-Ervedelo nº 68.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 120 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. que une os CC.TT. Caridade e estadio e remate no C.T. non prefabricado en planta baixa na rúa Greco-Ervedelo, nº 68 con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do anterior C.T. de 30 m en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de febreiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense