Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Careón.

Examinando o expediente instruído por instancia de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. (UFEESA), con domicilio social na rúa Capitán Haya, 53, 28020 Madrid, sobre autorización das instalacións

do parque eólico denominado Careón, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O día 14 de novembro de 1997, Rosario Arroyo Brotóns, en nome e representación de UFEESA, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Careón de 18 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública por resolución da Dirección Xeral de Industria, do 16 de decembro de 1997, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 10 do Decreto 2619/1996 polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e os xa citados decretos 2617/1966 e 205/1995. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro de 1998, no Boletín Oficial del Estado do 29 de xaneiro de 1998, no BOP da Coruña do 30 de xaneiro de 1998, no BOP de Lugo do 28 de xaneiro de 1998, no diario El Ideal Gallego, da Coruña, do 23 de xaneiro de 1998 e no diario El Progreso, de Lugo, do 23 de xaneiro de 1998.

Durante o prazo de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

-José Manuel Quintas Quintas, como presidente da primeira Xunta Rectora da Sociedade Agraria de Transformación Monte do Castro de Meira-Melide solicita a mediación da Administración para chegar a un acordo.

-José Manuel Ayude Vázquez indica a existencia dun erro na relación de bens e dereitos afectados, xa que o predio nº 90 aparece como propiedade de Antonio Ayude, cando en realidade é da súa propiedade, segundo escritura anexa.

-Roberto Almuíña Díaz, en nome e representación de Cuarzos Industriales, S.A., alega en síntese, que a citada empresa é titular da concesión de explotación Merlan nº 4992, que coincide en gran medida coa área de localización do parque e solicita que se denegue a solicitude de autorización do parque eólico e a declaración da súa utilidade pública.

Terceiro.-O 3 de abril de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-Os días 13 e 23 de marzo de 1999 as delegacións provinciais informan favorablemente o devandito proxecto, coas seguintes características básicas:

-Localización e coordenadas poligonais (UTM).

Parque eólico de Careón

VérticeX utm 29 TY utm 29 T

A588.0004.750.000

B586.0004.750.000

C584.0004.754.000

D'586.5004.756.500

E'589.5004.756.500

F'589.5004.752.000

Municipios afectados: Palas de Rei (Lugo), Toques (A Coruña) e Melide (A Coruña).

-Nº de aeroxeradores: 30.

-Potencia unitaria: 600 kW.

-Potencia total instalada: 18 MW.

-Centros de transformación: 0,69/20 kV.

-Subestación de 20/66 kV, con transformador de potencia de 20 MVA.

-Investimento total: 2.780 millóns de pesetas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966 e 205/1995 xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas pola empresa promotora e o resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto:

1º Que o promotor, logo das comprobacións oportunas, deberá repara-los posibles erros existentes na relación de bens e dereitos afectados.

2º Que as coordenadas iniciais da área de afección do parque eólico de Careón son:

Parque eólico de Careón

VérticeX utm 29 TY utm 29 T

A588.0004.750.000

B586.0004.750.000

C584.0004.754.000

D588.5004.758.500

E591.5004.758.500

F591.5004.754.000

Municipios afectados: Palas de Rei (Lugo), Toques (A Coruña) e Melide (A Coruña).

As coordenadas delimitadoras da concesión mineira Merlan nº 4992 son:

Concesión mineira de Cuarzos Industriales, S.A.

VérticeX utm 29 TY utm 29 T

PP590.088,94.754.567,2

1591.076,84.758.431,1

2590.591,84.758.554,8

3589.601,94.754.680,5

Municipio de Palas de Rei (Lugo).

Dado que na zona delimitada pola citada concesión mineira non está prevista a instalación de aeroxeradores e coa finalidade de evitar interferencias coa dita concesión, o promotor renuncia a unha parte da zona de delimitación inicial do parque eólico, de maneira que a concesión mineira queda fóra da nova zona de delimitación do parque eólico, que terá as seguintes coordenadas:

Parque eólico de Careón

VérticeX utm 29 TY utm 29 T

A588.0004.750.000

B586.0004.750.000

C584.0004.754.000

D'586.5004.756.500

E'589.5004.756.500

F'589.5004.752.000

Municipios afectados: Palas de Rei (Lugo), Toques (A Coruña) e Melide (A Coruña).

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. (UFEESA) a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico nomeado Careón, que se instalará nos termos municipais de Palas de Rei, Toques e Melide, e aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-UFEESA, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 55.600.000 pesetas, consonte o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, punto 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 2.780.000.000 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio na Coruña e Lugo poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicten en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio na Coruña e Lugo inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento dos compromisos contraídos por UFEESA no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no punto 4 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Oitava.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, de acordo co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1617