Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente en Comisón de Goberno do Concello do Grove do 4 de febreiro deste ano a modificación do estudio de detalle para a reordenación de volumes na parcela Z-4 do plan parcial

da illa da Toxa, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Luis Moyano Quiroga, en representación de Inmobiliaria La Toja, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública a citada modificación do estudio de detalle durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente está á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou a aqueloutros ós que, intentada a notificación, non se lles puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 2 de marzo de 1999.

Juan D. Domínguez Iglesias

Alcalde accidental