Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades de formación e ocupación do lecer e tempo libre da Concellería de Xuventude.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 11935/240.

2. Obxecto do contrato: elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades de formación e ocupación do lecer e tempo libre da Concellería de Xuventude.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: ano 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: concurso de ideas.

Forma: aberto.

4. Orzamento base: o orzamento dispoñible para a execución dos diferentes programas non superará os 23.000.000 de ptas. (164.530,07 euros).

5. Garantías. Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 00, fax: 986 81 01 92.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: esixirase só para aqueles contratistas que resulten adxudicatarios por un importe superior a 20.000.000 de ptas.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/95.

8. Presentación de ofertas: durante 26 días seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP de Pontevedra ou Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida no prego de condicións técnicas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Outras informacións: para a valoración dos proxectos teranse en conta os criterios sinalados no prego de condicións técnicas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde