Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación do PERI U.A. 6 Sensat e aprobación dos estatutos para a constitución da entidade urbanística de conservación da U.E. 1 do devandito PERI (expediente 4101/401).

Cumprido o que esixe o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión celebrada o día 16 de outubro de 1998, procédese á exposición pública do proxecto de compensación do PERI U.A. 6 Sensat polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG, segundo o que establece o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, dos solo de Galicia, así como a aprobación dos estatutos para a constitución da entidade urbanística de conservación.

O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o establecido no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma lei. O expediente atópase á disposición do público en xeral na Oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa Consistorial).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 26 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo