Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de vixilancia de dependencias, exposicións e actividades da Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 11906/240.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia de dependencias, exposicións e actividades da Concellería de Cultura.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: ata o 31 de xaneiro do 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 27.375.500 ptas. (164.530,07 euros).

5. Garantías. Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III (servicios), subgrupo 2, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/95.

8. Presenación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se publique no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presenación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axusarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde