Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra: reparación de vías provinciais na Fonsagrada-Navia e Negueira de Muñiz.

Orzamento de contrata: 25.000.000.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación esixida: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2 Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentción e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención a documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que e sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia se o último día coincide en domingo ou festivo o día seguinte.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposcións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes do proxecto aprobado, agás o prazo de execución.

f) A comprobación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 1 de marzo de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente

Faustino Martínez Fernández

Secretario