Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data, acordou:

1. Aproba-lo estudio de detalle e o proxecto de compensación promovido por instancia de José Loureiro Torres, en representación de Promociones Bellavista Estradense, S.L, redactado polo arquitecto Juan Carlos Picáns Villar, comprensivo dun terreo situado en Cacheiras, nº 200 do PXCP, dunha superfice de 3.504 m, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servico Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 9 de febreiro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde