Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN AMARO

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 23, do 29 de xaneiro de 1999, aparecen publicadas as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, mediante concurso-oposición, por promoción interna, unha praza correspondente á escala de Administración xeral, subescala administrativo, vacante no cadro de persoal incluída na oferta de emprego público de 1998.

O prazo para presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Ofical del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que os sucesivos anuncios referentes á presente convocatoria serán publicados no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos da casa do concello.

San Amaro, 8 de febreiro de 1999.

Valentín Pérez Otero

Alcalde