Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-345).

Por decreto desta Alcaldía nº 1012/99 do 23 de febreiro do 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación relativo ó P.P. do S.U.N.P. D-15-R, en Romardeiro-Liáns, tramitado por Irco, S.A. e outros. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 26 de febreiro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta