Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación (poxa por procedemento aberto).

1. O Concello de Muros convoca licitación pública para a adxudicación mediante poxa por procedemento aberto, dos seguintes contratos de obras cos orzamentos de execución por contrata que se sinalan:

-Travesía rúas do Cabo e Rebordiño, 5.000.000 de ptas., 30.050,61 euros.

-Travesía Camiño de Louro e Rebordiño, 5.000.000 de ptas., 30.050,61 euros.

-Travesía de San Francisco, 1ª fase, 5.000.000 de ptas., 30.050,61 euros.

2. O prazo de execución das citadas obras é de tres meses e a data prevista de iniciación é a do 1 de abril de 1999.

3. Os proxectos e pregos de condicións están ó dispor dos interesados nas oficinas do Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña).

4. A garantía provisoria é a de 100.000 ptas. para cada contrato, que non se lles esixe ás empresas que estean clasificadas.

5. Non se esixe clasificación e os licitadores deberán acredita-la súa solvencia económica e financeira, e técnica consonte o que dispón o artigo 12.2º i) do prego de cláusulas administrativas.

6. O prazo de presentación de proposición é o de trece días naturais contados desde que se publique este anuncio no BOP e no DOG, de 8.30 a 14.30 horas e o lugar de presentación é o rexistro xeral do Concello de Muros.

7. O modelo de proposición e a documentación esixida figuran recollidos no prego de claúsulas administrativas.

8. A apertura das ofertas terá lugar na Casa do Concello de Muros ás 13 horas do terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

Muros, 8 de febreiro de 1999.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde