Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Para xeral coñecemento e en execución do acordo do Concello Pleno, adoptado en sesión celebrada o 15 de xaneiro de 1999, convócase concurso con procedemento aberto para a redacción do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico do barrio da Magdalena na cidade de Ferrol, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares aprobado o 29 de outubro de 1998.

1. Entidade adxudicataria.

a) Nome: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Número de teléfono: 981 33 67 22.

d) Número de fax: 981 33 67 22.

e) Localidade: Ferrol. C.P. 15402.

2. Modalidade da adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Contido do contrato obxecto de licitación.

Obxecto: redacción do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico do barrio da Magdalena na cidade de Ferrol.

4. Lugar de execución.

O ámbito do plan especial será o do barrio da Magdalena, declarado ben de interese cultural mediante Decreto 28/1984, do 9 de marzo, da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia (DOG nº 57, do 22 de maio), podendo ser reaxustado polo propio plan especial.

Os reaxustes que de se-lo caso se producisen na delimitación deberán xustificarse razonadamente, e terán o carácter de áreas de contorno, entendendo por tales aqueles espacios de carácter urbano, exteriores ó barrio e adxacentes ou non a el, que conten con relevantes valores de tipo histórico, artístico, urbanístico ou paisaxístico, que os faga merecedores dunha especial protección que impida a súa degradación e preserve o contorno do conxunto histórico.

5. Indicacións relativas ó proxecto.

A proposta que se presente deberá conter unha memoria comprensiva das tarefas que se vaian realizar para o correcto cumprimento do obxecto do contrato na que, de acordo co establecido neste prego e o de prescricións técnicas, se expoña a metodoloxía que se utilizará nos traballos, cunha clara e precisa definición de todos e cada un dos que o licitador se compromete a realizar. Así mesmo, incluirase nesta memoria o calendario completo para a execución do contrato que sexa compatible co prazo de execución establecido neste prego, así como a previsión dos importes parciais do traballo, en tantos por cento do importe total ofertado, de acordo co programa previsto.

6. Prazos de execución.

Para a execución dos traballos establécense as seguintes fases e prazos; o cómputo do cal se iniciará: o primeiro o día seguinte da entrega da cartografía oficial encargada para o efecto polo Concello, que se detalla no prego de prescricións técnicas, e os restantes a partir da notificación dos acordos que dean por concluída a tramitación da fase anterior.

-Entrega da información urbanística e avance do plan, 9 meses.

-Informe de suxestións, 1 mes.

-Entrega do plan especial para a súa tramitación, 9 meses.

-Informe das alegacións presentadas, 1 mes.

-Documento para aprobación definitiva, 1 mes.

O prazo contractual só se prorrogará cando concorran as circunstancias e requisitos esixidos pola lexislación vixente.

7. Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e documentos complementarios.

Nome: Xerencia de Urbanismo (Concello de Ferrol).

Enderezo: praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol.

Teléfono: 981 33 67 22.

Fax: 981 33 67 49.

8. Data límite de recepción de proposicións e ofertas.

a) Día: 17.

b) Mes: marzo.

c) Ano: 1999.

9. Enderezo ó que se deben envia-las ofertas.

Nome: rexistro xeral. Concello de Ferrol.

Enderezo: praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol. A Coruña. España.

Teléfono: 981 33 67 22.

Fax: 981 33 67 49.

10. Lingua na que debe redactarse a oferta.

Castelán: oficial do Estado, ou galego: oficial da Comunidade Autónoma.

11. Autorización de asistencia apertura.

Sesión en acta pública (sala de capacidade reducida):

-Preferencia: licitadores.

-Público en xeral.

12. Data, hora e lugar de apertura de ofertas.

Comunicaráselles ós licitadores coa antelación debida. Teléfono de información: 981 33 67 22. Fax: 981 33 67 49.

13. Garantías.

a) Provisional: forma: artigo 18 Real decreto 390/1996, do 21 de marzo (BOE nº 70).

Contía: novecentas sesenta mil pesetas (960.000 ptas.).

b) Definitiva: forma: artigo 18 Real decreto 390/1996, do 21 de marzo (BOE nº 70).

14. Financiamento da obra.

O presente contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria municipal 02-431-601.09 por importe de 15.840.000 ptas. coas seguintes anualidades:

1998: 4.800.000 ptas.

1999: 11.040.000 ptas.

O resto con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.332.A.760.0 dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1998 coas anualidades seguintes:

1998: 575.000 ptas.

1999: 7.585.000 ptas.

2000: 24.000.000 de ptas.

15. Forma de pagamento.

O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación, e neste estará incluído o IVE, de conformidade co establecido no artigo 78 da Lei 13/1995.

O pagamento do prezo do contrato efectuarase logo de presentación polo contratista das correspondentes certificacións, emisión dos informes técnicos e as resolucións correspondentes do órgano de contratación, nas seguintes fases:

-Trala sinatura do contrato, o 10%.

-Trala presentación da información urbanística, 23%, e trala entrega do avance, o 17%.

-Trala presentación do documento de aprobación inicial, o 40%.

-Trala presentación do documento de aprobación definitiva, o 5%.

-Trala entrega do documento final, o 5% restante.

16. Tipo de licitación.

Fíxase como tipo máximo de licitación para o presente contrato, a contía de corenta e oito millóns (48.000.000 de ptas.), IVE incluído.

17. Revisión de prezos.

No tipo de licitación inclúese a revisión de prezos ata a data final do contrato.

18. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

Ás establecidas nas cláusulas 6 e 10 do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

19. Criterios que se utilizarán para a adxudicación.

Os criterios para a adxudicación do concurso e conforme os cales se valorarán as proposicións serán os seguintes:

a) Intervención na elaboración de plans especiais de protección conforme a lexislación do patrimonio, así como ter redactado plans especiais ou de similares características, ata 25 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Neste punto valorarase a intervención no tipo de traballos que se referenciou e os resultados alcanzados.

b) Composición do equipo redactor e funcións de cada un dos seus membros, ata 20 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Neste punto valorarase especificamente a capacitación profesional dos membros compoñentes do equipo redactor proposto, e en especial a experiencia profesional individual e en equipo, a experiencia como técnicos urbanistas ó servicio da Administración en materia de planeamento e xestión, e, complementariamente, a dedicación á investigación e ensino do urbanismo, que se acreditarán co currículum de cada un deles e do equipo no seu conxunto, así como a estructura organizativa e técnica do licitador e a existencia de especialistas en temas concretos do traballo.

c) Maior coñecemento do territorio obxecto do contrato, ata 20 puntos.

d) Intervención na elaboración de plans especiais de protección conforme a lexislación de patrimonio, así como ter redactado plans especiais ou de similares características dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, ata 15 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Neste punto valorarase a intervención no tipo de traballos que referenciaron e os resultados alcanzados.

e) Material, instalacións e equipamento técnico, ata 10 puntos.

f) Especialización profesional, ata 10 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Neste punto valorarase a dedicación profesional acreditada á elaboración de traballos de planeamento urbanístico en xeral, aínda que non reúna as características sinaladas na letra a).

g) Plan de execución dos traballos, ata 10 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Valorarase como aspecto de especial importancia a metodoloxía que se vaia empregar no desenvolvemento do traballo en función da súa adecuación ós obxectivos que se pretenden conseguir e a política de actuación urbanística formulada para a súa consecución.

h) Prezo, ata 10 puntos, que se asignarán á proposta máis favorable, e proporcionalmente ó resto.

Para os efectos de valoración dos criterios establecidos nesta cláusula, a mesa de contratación poderá solicitar cantos informes considere precisos, procedendo a eleva-las proposicións, a acta e o resto da documentación presentada xunto coa proposta motivada de adxudicación e as observacións que considere pertinentes o órgano de contratación.

20. Data de envío do anuncio ó DOCE.

a) Día: 21.

b) Mes: decembro.

c) Ano: 1998.

Rectificación:

a) Día: 15.

b) Mes: xaneiro.

c) Ano: 1999.

Ferrol, 19 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado