Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 30 de decembro de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 22/98 no ensanche B, que comprende as parcelas propiedade de Josefa Ares González, sita no ensanche B na r/ Bolivia e a parcela propiedade de Alfredo Fernando Pérez Pérez cualificadas no Plan Xeral como edificable en 104 m e como zona dotacional (SC5) en 165,25 m, respectivamente, no ámbito da UR-20.

De conformidade co establecido no artigo 38 do regulamento citado, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efecto de presentación de reclamacións e observacións que, se é o caso, han de dirixirse á Alcaldía-Presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na Xerencia de Urbanismo do concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 20 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado