Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

EDICTO.

O Pleno da corporación municipal, en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 1999 aprobou as bases da convocatoria para a provisión, mediante oposicón libre, por promoción interna, dunha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral vacante no cadro persoal deste concello.

O texto completo destas bases exponse ó público no BOP por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu extracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: auxiliar administrativo de Administración xeral.

Forma de provisión: oposición, promoción interna.

Probas da oposición.

1. Tipo test, con sesenta preguntas con respostas alternativas, relativas ás materias do programa. Obrigatorio e eliminatorio.

2. Manexo de ordenador, (procesamento de texto). Obrigatorio e non eliminatorio.

3. Resolución dun caso práctico. Obrigatorio e non eliminatorio.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Curtis, 8 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado