Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria do concurso das obras de axardinamento da rúa Irmáns de La Salle en Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 30/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a realización das obras de axardinamento da r/ Irmáns de La Salle en Verín.

b) Lugar de execución: Verín.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.789.609 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 115.792 pesetas.

Definitiva: 231.584 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. B) Domicilio: Prazo do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax. 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogaríase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidese con domingo ou con festivo, prorrogaríase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Adminsión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación Decreto da Alcaldía do 22-2-99.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrei, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 23 de febreiro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde