Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 98/959).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Manuel Bao Iglesias, con enderezo social na Avda. das Ciencias nº 1-A, Santiago de Compostela (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de coxeración composta por dous motores de combustión interna de 8 cilindros en V alimentados con gasóleo e 760 kW de potencia cada un; dous alternadores de 950 kVA de potencia cada un;

factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 400 V; un centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 15-20 kV/400 V; instalación de almacenamento de combustible, interconexión, sinalización, mando e control.

Lugar donde se vai a establecer a instalación: planta de acondicionamento de biomasa a emplazar no lugar de Meixonfrío, Santiago de Compostela.

Orzamento: 69.600.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña