Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. chamado P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. da Habana, 24, piso entreplanta, 32003 Ourense, sobre aprobación do P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa; esta dirección xeral ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 4 de maio de 1998, Antonio Vázquez Fernández, en nome e representación de Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A., solicitou a aprobación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 6 de maio de 1998, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado o 5 de xuño de 1998, e no Diario Oficial de Galicia o 10 de xuño de 1998.

As características principais do P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa que foron sometidas a información pública son:

NomeMunicipiosXY

Outeiro de AugasBande, Lobeira e Verea0.579.000

0.583.000

0.583.000

0.577.000

0.577.000

4.662.000

4.662.000

4.652.000

4.652.000

4.658.000

NomeMunicipiosXY

O VieiroBande, Celanova e Verea0.583.000

0.587.000

0.592.000

0.593.000

0.587.000

0.583.000

4.665.000

4.665.000

4.657.000

4.654.000

4.654.000

4.658.000

Serra do EixeO Barco de Valdeorras, Carballeda e A Veiga0.665.000

0.676.000

0.680.000

0.680.000

0.665.000

4.692.000

4.692.000

4.687.000

4.680.000

4.685.000

San PaioPantón0.606.000

0.613.000

0.613.000

0.606.000

4.707.000

4.707.000

4.698.000

4.698.000

A Chan do ReiArbo, A Cañiza e As Neves0.551.000

0.556.000

0.556.000

0.551.000

4.670.000

4.670.000

4.665.000

4.665.000

Coto de EirasO Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz0.545.000

0.549.000

0.549.00

0.545.000

4.686.000

4.686.000

4.682.000

4.682.000

LousadeloCarballeda0.680.000

0.681.000

0.683.000

0.684.000

0.686.000

0.686.000

0.684.500

0.680.000

4.695.000

4.695.000

4.694.000

4.693.000

4.692.000

4.686.000

4.683.000

4.690.000

O FaroCarballeda, Chantada, Cea, Piñor, Dozón e Rodeiro0.580.000

0.594.000

0.594.000

0.580.000

4.727.000

4.727.000

4.706.000

4.706.000

O FareloAntas de Ulla, Agolada e O Rodeiro0.582.000

0.589.000

0.589.000

0.582.000

4.740.000

4.740.000

4.730.000

4.730.000

A VacalouraMonterroso, Portomarín e Taboada0.598.000

0.604.000

0.604.000

0.598.000

4.743.000

4.743.000

4.732.000

4.732.000

MondigoBarreiros e Ribadeo0.640.000

0.658.000

0.658.000

0.640.000

4.826.000

4.826.000

4.814.000

4.814.000

O ParañoAvión, Beariz, Boborás, O Irixo e Forcarei0.555.000

0.565.000

0.565.000

0.555.000

4.707.000

4.707.000

4.698.000

4.698.000

MareiroCervo, O Vicedo, Viveiro e Xove0.607.000

0.628.000

0.628.000

0.613.000

0.607.000

4.847.000

4.847.000

4.838.000

4.838.000

4.840.200

FrouxeiraCedeira, Cerdido, Narón e Valdoviño0.563.000

0.580.000

0.580.000

0.572.000

0.569.000

0.566.000

0.563.000

4.828.000

4.845.000

4.829.000

4.829.000

4.828.000

4.824.000

4.828.000

Serra da QueixaChandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e Vilariño de Conso0.635.000

0.650.000

0.650.000

0.635.000

4.684.000

4.684.000

4.670.000

4.670.000

NomeMunicipiosXY

TrabazosO Bolo, Larouco e Manzaneda0.650.000

0.655.000

0.655.000

0.650.000

4.687.000

4.687.000

4.680.000

4.680.000

Santa LucíaCerdedo, A Estrada e Forcarei0.549.000

0.555.000

0.555.000

0.549.000

4.720.000

4.720.000

4.713.000

4.713.000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 540 MW.

Total de hectáreas solicitadas: 157.490 ha.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes de plans eólicos estratéxicos en competencia:

1. Elecnor, S.A.

2. Ineuropa Eólica del Xistral, S.A.

3. Eurovento, S.L. Unipersonal.

4. Gamesa Promoción Eólica, S.A.

5. Norvento, S.L.

6. Eléctrica de Alberguería, S.A. (Edasa).

7. Planta Eólica de Galicia, S.A. (Pegsa).

8. Made, Energías Renovables, S.A.

9. Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

10. Eólicos Touriñán, S.A.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe no que avaliaban a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, de 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, de 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 110 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, consonte o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratégico vincula á Administración e Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase segundo as seguintes condicións:

Primeira.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. realizará a investigación de 7 áreas, cun investimento total de 1.850.000 pesetas anuais por área.

Segunda.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-lo dito plantexamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que considere pertinente en prol de verifica-lo cumprimento do establecido nesta alínea.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación o substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes apartados:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

Quinta.-A empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo da autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sétima.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

En contra da presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no Plan Eólico Estratéxico.

NomeMunicipiosPotenciaXY

O VieiroCelanova, Verea e Rairiz de Veiga20 MW0.583.000

0.587.000

0.592.000

0.593.000

0.587.000

0.583.000

4.665.000

4.665.000

4.657.000

4.654.000

4.654.000

4.658.000

Serra do EixeCarballeda15 MW0.667.737

0.676.000

0.680.000

0.680.000

0.675.050

0.674.400

4.692.000

4.692.000

4.687.000

4.683.172

4.685.300

4.687.150

San PaioSober, Carballedo e Nogueira de Ramuín10 MW0.606.000

0.613.000

0.613.000

0.606.000

4.707.000

4.707.000

4.698.000

4.698.000

Coto de EirasFornelos de Montes e Mondariz10 MW0.545.000

0.549.000

0.549.000

0.545.000

4.686.000

4.686.000

4.682.000

4.682.000

Serra do FaroSan Cristovo de Cea, Carballedo, Vilamarín, Piñor, Rodeiro, Chantada e Dozón30 MW0.580.000

0.594.000

0.594.000

0.580.000

4.714.000

4.714.000

4.706.000

4.706.000

ParañosAvión, Beariz, Boborás, O Irixo e Forcarei10 MW0.555.000

0.565.000

0.565.000

0.555.000

4.707.000

4.707.000

4.698.000

4.698.000

Serra da QueixaChandrexa da Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e Vilamariño de Conxo15 MW0.635.000

0.650.000

0.650.000

0.635.000

4.684.000

4.684.000

4.670.000

4.670.000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 110 MW.

Total de hectáreas aprobadas: 62.584 ha.

ANEXO II

Documento de síntese.

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 5 anos e suporá un investimento global estimado de 18.700 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. realizará a investigación de 7 áreas facendo un investimento total de 51.700.000 ptas., alcanzando un investimento medio de 1.850.000 ptas./ano área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga.