Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Noso Punto, S.L., no municipio de Ferrol (A Coruña) e se aproba o seu proxecto de execución. (Expediente 97/807).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Noso Punto, S.L., con enderezo para efectos de notificacións na estrada San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 18 de febreiro de 1998, esta dirección xeral resolveu incluí-la planta de coxeración de 4.136 kW prevista pola empresa Maneiras, S.L. no municipio de Ferrol, no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, entendéndose incluída no réxime establecido polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, nos termos que dispón o punto 3º do artigo 2 do dito texto normativo.

Segundo.-Con data do 11 de febreiro de 1998, a empresa Maneiras, S.L. solicita a autorización administrativa da citada planta de coxeración, que ten as características básicas seguintes:

-Catro grupos motor-alternador, de 1.034 kW c/u, alimentados por gas natural, tensión de xeración 400 V.

-Catro transformadores de 1, 25 MVA c/u, relación de transformación 0,4/20 kV.

-Instalacións de aproveitamento de calor, interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de baixa tensión, protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 25 de febreiro de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de refe

rencia, que se publicou no DOG do 13 de marzo e no BOP da Coruña do 14 de marzo, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-Con data do 9-11-1998 a citada empresa solicitou a aprobación do proxecto reformado de execución da planta, no que para un dos grupos se substitúe o combustible por gasóleo.

Quinto.-Con data do 20-11-1998 a empresa Maneiras, S.L. presentou na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña a documentación acreditativa do seu cambio de denominación social polo de Noso Punto, S.L.

Sexto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Noso Punto, S.L., que se situará nas súas instalacións do termo municipal de Ferrol, na provincia da Coruña.

Aproba-lo proxecto de execución da citada planta de coxeración.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documenta

ción que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral da Consellería de Industria

e Comercio