Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (156/1998).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dos de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución número 156/1998, seguidos neste xulgado por instancia de Patricia Cardama Antúnez contra a empresa Olverio Pereiro Botana, sobre despedimento, por resolución desta data acordouse sacar a pública poxa e polo termo de vinte días os bens embargados á executada, que logo se dirán, e sinalar para a celebración da primeira poxa o día 9 de abril deste ano. No caso de quedar deserta, sinálase para a segunda poxa e coa rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 7 de maio e, de resultar igualmente esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% respecto da primeira, o día 4 de xuño do mesmo ano, todas elas ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, do polígono das Fontiñas desta cidade. Se, por forza maior ou por causas alleas ó xulgado, non puidese celebrarse calquera das poxas nos

días e horas sinalados, celebraranse o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados, e rexeranse polas seguintes condicións:

A) Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para ela.

B) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

C) Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación á que se refire a letra A), xuntando resgardo desta, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado, aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na rúa Senra 3-5, conta número 1596, clave 64.

D) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

E) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos representantes legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiros.

F) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, celebraranse o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa.

Lote número un:

1. Neveira de xelados marca Frigo, con apertura superior, valorada pericialmente en 30.000 pesetas.

2. Neveira vertical, co anagrama Pepsi, marca Zanussi, valorada pericialmente en 30.000 pesetas.

3. Forno de cocción, marca Fornotécnica, con aceiro exterior e mandos a ámbolos lados e á dereita inscrición Luz, valorado pericialmente en 1.800.000 pesetas.

Valor total do lote nº un: un millón oitocentas sesenta mil pesetas (1.860.000 pesetas).

Lote número dous:

1. Neveira conxelador mostrador, marca Friger, con base de cor branca e granate, valorada pericialmente en 400.000 pesetas.

2. Báscula NBC, Electronic, Fab. Epelsa número 024.190, valorada pericialmente en 32.000 pesetas.

3. Máquina rexistradora Sanyo, número 63919400, valorada pericialmente en 50.000 pesetas.

4. Batedora, marca Noquinox, cor branca, número 95355762 (aínda que o número non está claro), valorada pericialmente en 300.000 pesetas.

Valor total do lote número dous: setecentas oitenta e dúas mil pesetas (782.000 pesetas).

Lote número tres:

1. Andeis de madeira, cor marrón clara, con 4 estantes cada un deles, valorados pericialmente en 150.000 pesetas.

2. Laminadora XTS, cor branca, coa inscrición O Noso Pan. Non se atopa numeración, valorada pericialmente en 450.000 pesetas.

3. Formadora, marca Mapanva número 4281, modelo MPV 550, valorada pericialmente en 225.000 pesetas.

4. Divisora manual, cor branca, sen numeración nin marca á vista, valorada pericialmente en 175.000 pesetas.

Valor total do lote número tres: un millón de pesetas (1.000.000 de pesetas).

Valor total da taxación: tres millóns seiscentas corenta e dúas mil pesetas (3.642.000 pesetas).

Os referidos bens atópanse depositados no domicilio da empresa executada Olverio Pereiro Botana, sita na Avda. Rosalía de Castro, nº 85 baixo, O Milladoiro, Ames, dos que é depositario Oliverio Pereiro Botana.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado