Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (31/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido,

Dou fe de que nos autos de executoria 31/1999 se dictou a providencia que contén o seguinte particular:

«... Requírase o condenado Miguel Ángel Martínez Alonso co fin de que no improrrogable termo de oito días acredite ter ingresado na conta que este xulgado ten aberta no BBV co número de conta 1500-78-31/99, a cantidade de sesenta mil pesetas que lle foi imposta en concepto de multa nos autos de xuízo de faltas 31/1998, do que dimana a presente executoria, e isto coa responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción deixadas de pagar...».

E para a súa publicación no DOG e para que sirva de requirimento en forma a Miguel Ángel Martínez Alonso, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o día oito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado