Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (29/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

De que neste xulgado se segue executoria de xuízo de faltas número 29/1999, por calote, contra Antolín Riopedre Mesa, na que se dictou a providencia co particular seguinte:

«... Requírase o condenado Antolín Riopedre Mesa para que, no prazo de oito días, acredite ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na O.P. do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, co número 1500/78/0029/99, a cantidade de 15.000 pesetas, suma resultante da pena de multa dun mes imposta en sentencia firme, á que se lle fixou o importe da cota diaria da dita pena na contía de 500 pesetas, baixo apercibimento, caso de non o verificar, de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas...».

E para que así conste e sirva de requirimento ó condenado Antolín Riopedre Mesa, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado