Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.768

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (2452/1998).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 43/1998, se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1998, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 43/1998, seguidos neste xulgado por lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante, Ángel Luis Varela Rodríguez, e o denunciado, Manuel Sánchez Ferreira (seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Sánchez Ferreira da falta de lesións pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma a Manuel Sánchez Ferreira, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado