Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.767

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (66/1998).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

En Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e oito. En nome de S.M. El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 66/1998, dimanante do procedemento seguido por alteración da orde pública no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Mª Emma Fernández Fernández, denunciante, con domicilio na rúa Senra, 7-9, portal B 4º E de Santiago de Compostela. Martín María Bermúdez de la Puente González del Valle, denunciante, con domicilio na rúa Laverde Ruíz, número 4, baixo, Santiago de Compostela, Marta Isabel Pérez Triviño,

denunciada, con domicilio na rúa Senra, 7-9, portal B, 5º E de Santiago de Compostela.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións a denunciada Marta Isabel Pérez Triviño, declarando de oficio as custas desta alzada.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

E para que lle sirva de notificación a Marta Isabel Pérez Triviño, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario xudicial

Rubricado