Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.767

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (134/1998).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dou fe de que no xuízo de divorcio seguido neste xulgado co número 134/1998, por instancia de María Isabel Torreira García, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez (de oficio), contra José Mª Touriñán Rodríguez, en paradoiro ignorado, se dictou a sentencia do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 13/1999.

En Negreira, o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Manuel Cobas Otero, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo

de divorcio, seguidos co nº 134/1998, por instancia de Mª Isabel Torreira García, maior de idade, veciña de Santa Comba, con domicilio na Pereira, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, coa dirección letrada de Manuel Castiñeiras Caamaño, actuando ámbolos profesionais na quenda de oficio contra José Mª Touriñán Rodríguez, maior de idade, en ignorado paradoiro e en situación procesual de rebeldía.

Dictouse a presente resolución e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Avelino Calviño Gómez, actuando en quenda de oficio en representación de Mª Isabel Torreira García, contra José Mª Touriñán Rodríguez, en situación procesual de rebeldía, debo acordar e acordo o divorcio dos mencionados esposos e todo isto sen facer especial pronunciamento sobres as custas causadas.

Comuníquese esta sentencia ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio, unha vez firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación.

Así, por esta miña sentencia, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Mª Touriñán Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto. Dou fe.

Rubricado