Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.766

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (327/1997-01).

Eu, Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 327/1997, seguido neste xulgado por lesións en tráfico, no que foi denunciante

Noelia Guerrero Cedeira e Francisco Guerrero Barral, e denunciado José David López Blanco, recaeu sentencia co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número. En Carballo, dous de febreiro de mil novecentos noventa e nove. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas 327/1997, sobre lesións de tráfico, no que foron partes, como denunciante, Francisco Guerrero Barral, en representación da súa filla Noelia Guerrero, como denunciado José David López Blanco e Consorcio de Compensación de Seguros, comparecendo unicamente o denunciante, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El-Rei, dictou a seguinte resolución:

Que debo absolver e absolvo a José David López Blanco dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas e sen prexuízo das accións civís que de se-lo caso puidesen exerce-los denunciantes en defensa dos seus dereitos. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José David López Blanco, que se encontra en paradoiro descoñecido, y para su inseción en el Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo, catro de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado