Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.766

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que ha de resolver concurso a praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 30 de xuño de 1998.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e una vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por Resolución da Universidade de Vigo do 30 de xuño de 1998 (BOE do 18 de xullo ) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Vigo, 19 de febreiro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 41/98.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: lingüística xeral.

Comisión titular:

Presidente: Mauro A. Fernández Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal secretario: José Mª García-Miguel Gallego, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Sebastián Serrano Farrera, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Inmaculada Penades Martínez, profesora titular de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Francisco Osuna García, profesor titular de universidade. Universidade de Córdoba.

Comisión suplente:

Presidente: Ángel López García, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vocal secretario: Juan Carlos Ruíz Antón, profesor titular de universidade. Universidade Jaime I.

Vocais:

Emilio Ridruejo Alonso, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Joaquín A. García-Medall Villanueva, profesor titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Natalia Catalá Torres, profesor titular de universidade. Universidade de Rovira I Virgili.