Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.766

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 3 de marzo de 1999, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (Orde do 30 de outubro de 1997), polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do quinto exercicio da fase de oposición.

Unha vez exposta a relación de aspirantes que superaron o cuarto exercicio da fase de oposición nos taboleiros de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, así como no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela, faise público que o quinto exercicio da fase de oposición se celebrará o día 22 de marzo de 1999 na Escola Galega de Administración Pública, aula nº 11, sita no Polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela, ás 17 horas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal