Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de febreiro de 1999 pola que se fixan os prezos de participación en determinadas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante o ano 1999.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, dispón a obriga de seren establecidos os prezos pola consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandado, e logo de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, que se relacionan no anexo desta orde.

2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:

A-Programa: Actividades Ambientais para Xoves: Os Espacios Naturais.

-Prezos para as rutas das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña: 2.000 ptas.

-Prezos para as rutas da provincia de Ourense: 4.000 ptas.

B-Programa: Encontro Internacional Itinerante: Xuventude e Medio Ambiente.

-Sen aloxamento e con xantar: 4.000 ptas.

-Con aloxamento e media pensión (almorzo e xantar): 8.000 ptas.

C-Programa: Xacobeo 99, a Aventura do Camiño de Santiago.

-20.000 ptas.

D-Programa: Conducción Segura.

-2.000 ptas.

E-Programa: Imos ó mar.

-500 ptas.

F-Programa: Coñece a Galicia Verde.

-500 ptas.