Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 10 de marzo de 1999 Páx. 2.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da certificación da acta levantada en relación ó acordo de axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 1999 en Ourense.

Visto o texto da certificación da acta levantada en relación ó acordo de axuste do calendario laboral para o sector da construcción (código de convenio nº 3200155, publicado no DOG nº 147, do 13 de xullo de 1998), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito polas partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial, na xuntanza celebrada o día 28-1-1999, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de febreiro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Cesáreo Fernández Ríos, secretario da reunión, segundo nomeamento realizado na propia xunta, celebrada polas partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción no ámbito provincial.

CERTIFICA:

Que na reunión celebrada ás 20 horas do 28 de xaneiro de 1999 nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO), con asistencia por UGT, Javier Carreiro Vázquez, Armando M. dos Santos T., Manuel González Quiroga, Delmiro Pérez Somoza, Jesús Mary Calvo Romero, por CC.OO., Rafael López de la Torre, por CIG, Anxo Pérez Carballo, José Antonio Fernández Iglesias, Xan Losada González, Hermesindo González Andrada, Luis Iglesias Blanco, Ánxel Lorenzo

Lloves, Guillermo Guede González, José Fernández Bernárdez, por ACO, Sara González Jácome, Carlos Fernández Alonso, Jorge Caride Luna, José Antonio Pérez Fernández, Cesáreo Fernández Ríos, Eligio Nieto Lama e Manuel Novoa Velo, as partes lexitimadas para asinar convenios acordos sectoriais de ámbito provincial, baixo a presidencia de Javier Carreiro Vázquez, segundo designación realizada no mesmo acto, logo da deliberación, debate e posterior votación adoptáronse, entre outros, o seguinte acordo.

Primeiro.-As partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial fixan como días non laborables para axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 1999, os seguintes:

15 de febreiro, 16 de agosto, 11 de outubro, 2 de novembro, 12 de novembro, 7 de decembro, 24 de decembro e 31 de decembro.

Estas datas poderán permutarse por outras diferentes, logo do acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún festivo de convenio, este pasarase ó anterior ou posterior día laborable.

Este acordo apróbase por unanimidade.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión, logo da lectura e aprobación por unanimidade da acta, sendo as 21.15 horas do día da data, asinando por septuplicado, e para un só efecto.

Rubricado