Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

CONVOCATORIA de prazas de auxiliares administrativos para o Concello de Silleda.

No BOP de Pontevedra número 211, do 2 de novembro de 1998, publícanse integramente as

bases xerais e específicas para auxiliares, para prover mediante concurso-oposición, tres prazas de auxiliares de Administración xeral, subescala auxiliar, clase auxiliar e integradas no grupo D.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP de Pontevedra.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra, segundo o previsto nas bases.

Silleda, 26 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado