Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de xaneiro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación, se procede, do dictame da comisión de obras e urbanismo en relación co plan parcial do sector 4 A Lamela.

Sen máis intervencións, a Corporación, por unanimidade dos 13 membros asistentes, acordou aproba-lo dictame da Comisión Informativa de Obras e Urbanismo, co texto seguinte:

A Presidencia dá conta de que, na sesión plenaria do 30-4-1998, se acordou a aprobación definitiva do plan parcial A Lamela, e a dita aprobación recaeu erroneamente sobre un documento, non actualizado conforme as modificacións introducidas pola delegación de política territorial, polo que procede emendar aquel erro, e someter a aprobación o documento apropiado.

A Comisión, por unanimidade, acordou proporlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto refundido do plan parcial do sector 4 A Lamela, deixando sen efecto o acordo adoptado na sesión do 30-4-1998.

2. Que se continúen os demais trámites regulamentarios.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O Barco de Valdeorras, 2 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado