Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno con data do 8-2-1999, anúnciase a contratación das obras de dotación, servicios, saneamento e abastecemento de auga na parroquia de Sotuo 2ª fase pro procedemento aberto e curso e trámite de urxencia.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso por procedemento aberto para adxudica-las obras anteriormente sinaladas conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de dotación, servicios, saneamento e abastecemento de auga na parroquia de Souto 2ª fase.

2. Duración do contrato: un mes.

3. Tipo de licitación: 9.386.688 ptas.

4. Pago: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 441.0.60141 do orzamento do exercicio de 1999.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, Departamento de Contratación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no DOG, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: 0 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas administrativas.

Sada, 9 de febreiro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde