Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Trabadela, no concello da Estrada, da provincia de Pontevedra, por parte de Maceiras Filloy, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Maceiras Filloy, S.L., con domicilio en Penarada, Ouzande, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 18 de novembro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Trabadela, de 10 cuadrículas mineiras para recurso da sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Estrada, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2793, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 26' 20''42º 38' 20''

Vértice 28º 25' 00''42º 38' 20''

Vértice 38º 25' 00''42º 37' 20''

Vértice 48º 25' 40''42º 37' 20''

Vértice 58º 25' 40''42º 37' 40''

Vértice 68º 26' 20''42º 37' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra