Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 8 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-316/98, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e ó seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento.

ANEXO

Expediente: LU-316/98.

Denunciado: Vicente Carlos González Pita.

DNI: 32.633.285.

Último enderezo coñecido: Sta. Cecilia, 56-1º, Narón, Xubia, A Coruña.

Feito denunciado: abandona-los cadáveres de 2 animais ovinos, sen proceder ó seu enterramento polos medios legalmente establecidos.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 157, 158, 159 e 168 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 216 do regulamento da Lei de epizootias de 1955.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Lugo, 8 de febreiro de 1999.

Gonzalo Fernández Rodríguez

Instructor