Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Pedreira, nos concellos de Meis e Poio, da provincia de Pontevedra, por parte de José Abad Vidal.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que José Abad Vidal, con domicilio en Avda. Xeneralísimo, 45, Mosteiro, Meis, presentou nesta delegación provincial, o día 25 de agosto de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Pedreira, de 9 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Meis e Poio, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2788, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 44' 20''42º 28' 00''

Vértice 28º 43' 40''42º 28' 00''

Vértice 38º 43' 40''42º 27' 40''

Vértice 48º 43' 20''42º 27' 40''

Vértice 58º 43' 20''42º 27' 00''

Vértice 68º 44' 20''42º 27' 00''

Vértice 78º 44' 20''42º 27' 20''

Vértice 88º 44' 40''42º 27' 20''

Vértice 98º 44' 40''42º 27' 40''

Vértice 108º 44' 20''42º 27' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra