Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., granxa de Coren a Piuca.
Situación: Maceda.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.386 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. existente a granxa de Coren a Piuca e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en granxa de Coren a Piuca.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 4 de febreiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense