Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/6-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Sta. Mariña-Fradelo.

Situación: Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56: (1ª) de 4.558 m, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. de Vilariño de Conso e remate no C.T. con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Quintela de Pando. R.B.T. aérea con orixe no devandito C.T., de 325 m en conductor R.Z. (2ª) de 845 m, con orixe no apoio nº 13 da L.M.T. Vilariño de Conso-Quintela de Pando e remate na L.M.T. a C.T. de Ardexaxe. (3ª) de 298 m, con orixe no apoio nº 14 da L.M.T. Vilariño de Conso-Quintela de Pando e remate no C.T. con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Fradelo. R.B.T. aérea con orixe no devandito C.T., de 195 m en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de febreiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

1438.