Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/8-2, 5089 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo Social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Trabadelo (Navia de Suarna).

Situación: Navia de Suarna.

Descricións técnicas: L.M.T.o C.T. de Trabadelo de 1.465 metros a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor L.A.-56. C.T.I. de Trabadelo de 25 kVA de potencia e relación 20.000/380-220V. R.B.T. de Trabadelo de 150 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de xaneiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo