Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., granxa de Coren Fontearcada.
Situación: Os Blancos.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.319 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio da L.M.T. existente a C.T. Mosteiro de remate no C.T. proxectado con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V de granxa de Coren Fontearcada. L.M.T. subterránea a 20 kV de 11 m en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe en apoio nº 10 da L.M.T. aérea a C.T. proxectado granxa Coren e remate no C.T. pé de poste proxectado de granxa de Coren Fontearcada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 5 de febreiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense