De acordo co disposto na LCAP, anúnciase a poxa con procedemento aberto da obra incluída na 5ª fase da anualidade 1999 do Plan 2000 de Infraestructuras, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais, aprobado por acordo da deputación provincial o día 27 de maio de 1996 e modificados na sesión do 28 de novembro de 1996. (BOP nº 282, do 9 de decembro).
1. Obxecto: adxudicación das obras do parque público en área recreativa anexa á piscina municipal.
2. Tipo de licitación: 13.381.574 ptas.
3. Prazo de execución: 6 meses desde a formalización do contrato.
4. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
5. Fianza provisional: 267.631 ptas.
6. Fianza definitiva: 535.263 ptas.
7. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
8. Modelo de proposición e documentación: «D/Dª....., con domicilio en....., rúa....., nº..... teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF nº....., e con domicilio en....., nº....., teléfono.....) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de....., e para tales efectos fai constar:
1. Que ofrece o prezo de.... pesetas, que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación.
2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.
3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.
En...., ..... de ..... de 199..
O licitador (asinado e rubricado)».
Modelo de sobre:
«Proposición para tomar parte na contratación das obras de..... presentadas por....
En....., ..... de .... de 199..».
En sobre á parte achegarase a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas pola deputación provincial para a contratación mediante poxa con procedemento aberto.
Boimorto, febreiro de 1999.
Luis Verea Taboada
Alcalde