Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de concurso público de proxecto e execución de obra.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24-2-1999, acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público de proxecto e execución de obra:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: urbanización da rúa Principal de Lalín.

Orzamento orientativo: 156.000.000 de ptas.

Duración do contrato: catro meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: grupo E, subgrupo 1, categoría D. Grupo G, subgrupos 3-6, categoría D. Grupo I, subgrupos 1-6, categoría C.

Garantía provisional: 3.400.000 ptas.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presetnación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas e trinta minutos do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 24 de febreiro de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental