Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP, anúnciase a poxa con procedemento aberto da obra incluída na 1ª fase do Plan 2000-Baixas, anualidade 1998, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais, aprobado por acordo da deputación provincial o día 27 de maio de 1996 e modificados na sesión do 28 de novembro de 1996. (BOP nº 282, do 9 de decembro).

1. Obxecto: adxudicación das obras de camiños en Brates e Dormeá.

2. Tipo de licitación: 7.133.016 ptas.

3. Prazo de execución: 6 meses desde a formalización do contrato.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

5. Fianza provisional: 142.660 ptas.

6. Fianza definitiva: 285.321 ptas.

7. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Modelo de proposición e documentación: «D/Dª....., con domicilio en....., rúa....., nº..... teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que

o substitúa) nº....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF nº....., e con domicilio en....., nº....., teléfono.....) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de....., e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de.... pesetas, que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En...., ..... de ..... de 199..

O licitador (asinado e rubricado)».

Modelo de sobre:

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de..... presentadas por....

En....., ..... de .... de 199..».

En sobre á parte achegarase a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas xerais aprobadas pola deputación provincial para a contratación mediante poxa con procedemento aberto.

Boimorto, febreiro de 1999.

Luis Verea Taboada

Alcalde