Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre administracións públicas e propiedade intelectual.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unhas xornadas de estudio sobre administracións públicas e propiedade intelectual, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Ofrecer un panorama detallado do réxime xurídico da propiedade intelectual nas súas relacións coas administracións públicas.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Tipoloxía de actuacións públicas relacionadas coa propiedade intelectual.

-Os límites do dereito de propiedade intelectual.

-O dereito de autor desde a perspectiva das entidades de xestión.

-A supervisión administrativa das entidades de xestión.

-A defensa dos usuarios e as entidades de xestión.

-A reprografía nas administracións públicas.

-Televisión municipal e obras audiovisuais.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega encargado da organización e promoción de actividades culturais, funcionarios e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela) os días 22 e 23 de marzo de 1999.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o mércores, día 17 de marzo de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segun

do o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán se quedan prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, o día 18 de marzo, por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública