Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de febreiro de 1999 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 1999.

As instalacións xuvenís son un instrumento ó servicio dos mozos e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é consciente da precariedade e insuficiencia de medios e instalacións axeitadas de que dispoñen as asociacións xuvenís e demais entidades públicas e privadas que realizan actividades coa infancia e a xuventude. En consecuencia, co obxecto de facilita-lo uso de instalacións axeitadas a estas entidades para a realización de actividades xuvenís no ámbito do lecer durante o verán deste ano, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller

e Xuventude pon a disposición destas e regula, a través desta orde e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña verán-1999, que abrangue o período do 15 de xuño ó 30 de setembro.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano en curso -que comprende do 15 de xuño ó 30 de setembro-, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

-Dos servicios de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas), que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.

-Xerencia e persoal de servicio.

Artigo 3º.-Destinatarios.

Poderán solicita-lo uso das instalacións de referencia:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servicios á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

2. O Consello da Xuventude de Galicia e os consellos locais e municipais de xuventude.

3. Corporacións locais.

4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa infancia e a xuventude.

Artigo 4º.-Solicitude.

As solicitudes, subscritas por persoa suficientemente acreditada, presentaranse conforme o modelo normalizado recollido no anexo II desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presesentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Criterios de adxudicación.

1. Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:

1) Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e censadas ou rexistradas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.

2) Consello da Xuventude de Galicia.

3) Corporacións locais.

4) Entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas noutras comunidades autónomas.

5) Outras entidades públicas ou privadas que o soliciten con fins asistenciais.

2. Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:

a) As que soliciten un maior número de prazas ata o tope máximo de cada instalación fixado no citado anexo I.

b) As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente ós seus membros ou asociados.

c) As entidades domiciliadas na Comunidade Autónoma galega.

d) As entidades que soliciten instalacións das que non gozaron nos dous últimos anos.

e) As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que paga-los participantes.

Artigo 6º.-Resolución.

As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión de valoración constituída para o efecto, e que estará integrada por:

-O subdirector xeral de Promoción e Actividades, que será o seu presidente.

-Os catro delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou o funcionario en quen deleguen.

-Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Xuventude designado pola directora xeral, que actuará como secretario.

Esta comisión, valoradas as solicitudes conforme os criterios establecidos no artigo 5º desta orde, elevará proposta de resolución á directora xeral de Xuventude, que deberá resolver nun prazo de 10 días.

A resolución seralles notificada a tódolos solicitantes e publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xuventude e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Transcorrido o referido prazo sen que se dicte resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

Artigo 7º.-Reserva de prazas e primeiro pagamento.

1. Recibida a resolución de adxudicación provisional, os beneficiarios están obrigados, no prazo de 10 días:

-A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 15% do importe correspondente ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable en caso de que decaese a adxudiación realizada por incrumprimento das obrigas expresadas no presente artigo, que a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación, reducise o número de usuarios previstos ou os días de uso solicitado.

-A presentar, no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada, a seguinte documentación:

a) Breve proxecto de actividades que se van realizar.

b) Acreditación da persoa que subscribiu a solicitude como representante da entidade solicitante.

c) Xustificante do aboamento do 15% expresado anteriormente.

2. Se transcorrido o prazo de 10 días desde a notificación da concesión non se cumprisen os requisitos anteriores, decaerá a adxudicación efectuada, ofertándose as prazas dispoñibles ó seguinte solicitante proposto pola comisión de valoración. En caso de non cubrirse as prazas dispoñibles desta forma, reservaraas a delegación provincial correspondente a quen as demande.

Artigo 8º.-Autorización de uso temporal.

1. A entidade beneficiaria deberá formaliza-lo documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación de que se trate antes do 15 de maio de 1999, confirmando o nº de prazas solicitadas, e deberá aboa-lo 40% do importe correspondente ás prazas confirmadas. A dita cantidade ou a parte proporcional non será reintegrable se o número de usuarios ó inicio da actividade é menor ó confirmado.

O documento de aceptación das condicións particulares de uso e o xustificante do segundo ingreso presentaranse no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada.

Así mesmo, presentarán a relación dos responsables que dirixan a actividade e a acreditación das titulacións esixidas en materia de tempo libre, tendo en conta o disposto no artigo 4 do Decreto 223/1996, do 30 de maio, polo que se regulan as actividades de aire libre dirixidas a xuventude no territorio da Comunidade galega (DOG nº 113, do 10-6-1996).

Cumpridas as condicións anteriores, a delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente facilitaralle á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación.

2. A entidade beneficiaria deberá aboa-lo 45% do importe correspondente ás prazas confirmadas quince días antes da data da incorporación á instalación adxudicada. No caso de que o número final de usuarios sexa inferior ás prazas confirmadas anteriormente, a entidade só aboará, neste terceiro pagamento, o 45% do importe correspondente ás prazas reais que vaian ocupar, non cabendo ningún tipo de compensación cos pagamentos anteriormente efectuados. A entidade beneficiaria deberá leva-lo xustificante deste terceiro ingreso no momento da incorporación á instalación adxudicada.

Artigo 9º

Os adxudicatarios estarán obrigados:

1. A cumpri-los requisitos que esixe a lexislación vixente e a observa-las normas de réxime interior da instalación.

2. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles se deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto.

3. A aboa-lo importe dos desperfectos que se produzan no material e equipamentos da instalación durante o período de uso desta.

Artigo 10º

Os prezos dos servicios ofertados nesta orde aparecen recollidos no punto A.1 do anexo I da Orde do 2 de xaneiro de 1999, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1999 (DOG nº 4, do 8-1-1999).

O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se encontran á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude ou en calquera delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Xuventude para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Provincia

Instalación xuvenil

Data

Nº prazas

ofertadas

Total

prazas

Albergue xuvenil Mariña Española-Bergondo15/25-6-1999100100

16/30-6-199970

Albergue xuvenil Gandario-Bergondo1/15-9-1999150470

A Coruña16/30-9-1999250

Campamento xuvenil Furelos-Melide22/31-8-19996060

Campamento xuvenil Espiñeira-Boiro1/15-8-19995050

Albergue xuvenil Benigno Quiroga-Portomarín17/31-8-19996060

Residencia xuvenil Irmáns Pedrosa-Lugo17/31-8-19995050

18/31-7-1999100

LugoCampamento xuvenil A Devesa-Ribadeo1/15-8-1999150500

17/31-8-1999250

Campamento xuvenil O Chanto-Sarria1/15-8-1999100200

17/31-8-1999100

Campamento xuvenil Os Chacotes-Palas de Rei17/31-8-1999100100

Residencia xuvenil F. López Cuevillas-Ourense17/31-9-19996565

Ourense
Campamento xuvenil Penedos de Xacinto-Entrimo17/31-9-1999100100

1/15-7-199930

Residencia xuvenil Altamar-Vigo15/28-8-1999100330

Pontevedra1/15-9-1999100

16/30-9-1999100

Campamento xuvenil Pontemaril-Forcarei15/28-8-1999180180

Campamento xuvenil Illa de Ons-Bueu15/28-8-1999100100

2.365