Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1999 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, do servicio de asistencia técnica para realización de altas do imposto de bens inmobles de natureza urbana.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas que rexerá para a contratación mediante concurso con procedemento aberto dun servicio de asistencia técnica para realización de altas do imposto de bens inmobles de natureza urbana, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente, tamén se anuncia concurso público para un servicio de asistencia técnica para realización de altas do imposto de bens inmobles de natureza urbana.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 03/99.

2. Obxecto do contrato.

Contratación dun servicio de asistencia técnica para realización de altas do imposto de bens inmobles de natureza urbana.

Prego de condicións.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio de asistencia técnica para a realización de altas do imposto de bens inmobles de natureza urbana.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución:

d) Prazo de execución (meses): doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Alta imposto bens inmobles: unidade urbana: 6.960, ptas. IVE incluído.

b) Gravación (modelo 901): unidade urbana: 348 ptas. IVE.incluído.

5. Garantías:

Provisional: - do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: grupo -, subgrupo -, categoría -.

b) Outros requisitos:

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: secretaría xeral.

b) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do trancurso do prazo de licitación.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 16 de febreiro de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente