Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Outes.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 1/1999.

2. Obxecto dos contratos:

2.1.a) Descrición do obxecto: pista polideportiva en San Cosme.

b) Prazo de execución (meses): seis.

2.2. a) Descrición do obxecto: saneamento en Vilardigo e seguridade vial en Lagoa.

b) Prazo de execución (meses): seis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base das licitacións.

Obra: pista polideportiva en San Cosme, importe total: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

Obra: saneamento en Vilardigo e seguridade vial en Lagoa, importe total: 7.200.670 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisoria: 2% dos tipos de licitación.

Definitiva: 4% dos prezos das adxudicacións.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87.

7) Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8) Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: tres sobres pechados coa documentación e requisitos da cláusula 12 dos pregos.

c) Lugar de presentación: rexistro do concello, en horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Na casa do concello, ás 10 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado trasladarase ó luns.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxucicatarios.

Outes, 9 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado