Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1999 pola que se anuncia exposición pública de proxectos técnicos e concurso con procedemento aberto para: construcción de pista polideportiva na Condesa.

Aprobados os proxectos técnicos das obras:

-Construcción de pista polideportiva descuberta na Condesa. Importe: 5.973.581 ptas.

-Pavimentación entroncamento da rúa Rosalía de Castro, Rollo e Cal das Barras. Importe: 2.615.795 ptas.

-Acondicionamento de vías públicas en Infesta, Apeada, Nosa Señora e outros. Importe: 4.996.496 ptas.

-Acondicionamento de vías públicas en Viladesuso, Piadela e Guiliade. Importe: 4.594.935 ptas.

-Pavimentación con aglomerado asfáltico na Avda. do Carregal. Importe: 9.902.810 ptas.

-Mellora da infraestructura agrícola na concentración parcelaria da parroquia de Piadela. Importe: 4.976.375 ptas.

Expóñense ó público por espacio de quince días hábiles, de acordo coa lexislación vixente.

Tamén se anuncia concurso público, para a construcción de pista polideportiva descuberta na Condesa. Importe: 5.973.581 ptas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 04/99.

2. Obxecto do contrato.

Construcción de pista polideportiva descuberta na Condesa.

a) Descrición do obxecto: construcción de pista polideportiva descuberta na Condesa.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: A Condesa.

d) Prazo de execución (meses): tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Cinco millóns novecentas setenta e tres mil cincocentas oitenta e unha pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: grupo -, subgrupo -, categoría -.

b) Outros requisitos:

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar.

A que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

a) Lugar de presentación: secretaría xeral.

b) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do trancurso do prazo de licitación.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 16 de febreiro de 1999.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente